O programa da TVG “Pesca Total” gaña un Celtic Media
BBC
O espazo producido por La Región impúxose en Entretemento Factual a produccións da BBC
O programa da Televisión de Galicia, e producido por La Región, “Pesca Total” ven de conseguir un importante premio internacional no festival europeo Celtic Media. “Pesca Total” impúxose na categoría de Entretemento Factual, entretemento baseado en feitos reais, por diante de catro producións da BBC británica, unha da televisión irlandesa TG4 e outra da galesa S4C.
Este premio, ademais do recoñecemento e do prestixio internacional, supón un fito no audiovisual galego, xa que é a segunda vez en 40 anos que un programa galego de non ficción recibe un premio internacional. O galardón ven a premiar o bo traballo realizado polo equipo de “Pesca Total”, o excelente casting de participantes e os momentos divertidos que ofrece o programa.
Nesta edición dos Celtic Media, tal e como é habitual, competían producións das chamadas nacións celtas: Inglaterra, Irlanda, Illa de Man, Escocia, Gales, Francia e Galicia. Neste 2025 o festival celebrouse en Newquay, Cornualles. Ata alí desprazáronse Fernando Ojea, director de Contidos da CRTVG, e Iago Veloso, produtor executivo de La Región, que ó recoller o premio destacaron o carácter singular do programa ao retratar de xeito veraz a dura vida dos mariñeiros galegos e a vinculación de Galicia co mar.
Concurso de telerrealidade
“Pesca Total” é un programa que mestura concurso e telerrealidade, ao embarcar nun barco de pesca a concursantes sen experiencia previa no mar. O Playa de Sanxenxo, comandado polo capitán Sauro Martínez, foi o escenario no que se viviron auténticas manobras de pesca en alta mar, e no que os concursantes tiveron que facer o traballo de mariñeiros dun xeito real. Ao longo de varias xornadas de pesca real deben demostrar que poden ser considerados auténticos mariñeiros e mariñeiras, e compiten por un premio final de 7500 euros.
Presentado por Lucía Regueiro, e dirixido por Matías Tarrío, o programa producido por La Región gravouse na ría de Pontevedra e en xornadas de pesca reais en alta mar, fóra das illas Cíes en condicións duras, replicando as condicións reais as que se enfrentan os mariñeiros galegos no día a día do seu traballo.
Un certamen de talento con 45 años de historia
O primeiro Festival de Cine e Televisión Celta foi lanzado en abril de 1980 na illa de South Uist por Michael Russell e acolleu a menos de 50 delegados no Lochdar Community Hall. Incluíu un breve programa de seminarios e proxeccións no evento e en salóns comunitarios das Illas Occidentais. O evento obtivo unha importante aclamación local e nacional. Ese éxito motivou a súa continuidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Guía para probar suerte en la lotería
Lotería de Navidad 2025, cuáles son las diferencias entre fracción, décimo, número, serie y billete
Lo último