COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Os guías das agrupacións, compoñentes do Centro Xaquín Lorenzo, os encargados de que ós grupos non lles falte de nada
Solidariedade, humildade ou paciencia son algúns dos valores que máis marcan ós guías encargados da estadía dos grupos. Asegurarse de que non lles falte nada para os espectáculos, mercarlles o que precisen e mediar entre as agrupacións e a organización.
Un día calquera dos guías comeza sobre as nove da mañá, hora na que o comedor abre as portas para recibirlles co almorzo. A mañá é relativamente tranquila. Cada xornada un mínimo de dúas persoas encárganse de facer garda por se alguén precisa de ir ó centro de saúde como se ós grupos ou á organización lles cómpre algún recado. O resto divídese para cubrir tódalas necesidades de ocio e benestar.
Compostela ou as piscinas de Oira son os destinos preferidos nas xornadas libres de traballo. E, por suposto, algúns guías teñen que acompañalos. Outros quedan pola zona universitaria por se fixera falla axudar en algo.
As 13,30, a sala de espera da residencia -convertida estes días en sala de guías- acolle a reunión diaria na que os directivos das Xornadas indican que pobo se visitará e rematan de perfilar detalles. E chegou a hora de comer, momento tralo que os grupos se renden a un costume tan envexado como é a siesta. Media hora antes de partir cara o destino os guías esperan ós grupos para que carguen os autobuses. Unha vez chegan ás vilas, restan, ademais de colocar os símbolos, sinalar ós acompañantes o lugar onde se van cambiar antes, durante e despois da actuación e estar atentos para que o grupo non careza de nada. O guía do grupo que peche será quen recolla tódalas bandeiras. Cada día nas Xornadas é completamente diferente ó anterior.
Os ritmos folclóricos animaron a noite en Allariz e Maceda
Dúas novas localidades se sumaron onte á programación de actos que dende o martes teñen en marcha as Xornadas de Folclore. Xa entrada a noite e con media hora de diferencia comenzaron os espectáculos culturais nas localidades de Maceda e Allariz, xa tradicionais na axenda deste festival que está a vivir a súa edición número 26.
A emblemática Praza das Toldas da villa macedá encheuse de xente para participar deste encontro de culturas que deu comenzo as dez e media da noite. A través do baile e da música, os espectadores puideron sentirse un poco más cerca das tradicións que envolven ós países de Daguestán, China, Rumanía e Filipinas, representados, respectivamente, polos grupos Gergebil, Compañía folclórica de canto e danza do suroeste de Guizhou, Doina Timisului e Leyte Kalipayan.
Distintos grupos pero un espectáculo coa mesma filosofía comenzou as once da noite no Campo da Barreira da vila alaricana, segundo destino desta segunda xornada de ruta do festival. Sobre o escenario e defendendo o seu folclore estiveron os grupos Gran Ballet arxentino, Compañía estatal de danza Mari El, Taiwan Folk Music Ensemble e o grupo de danzas Guateng. Cada un cos seus estilos e indumentarias encheron de ritmo a noite alaricana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 21 de diciembre
HASTA 200 EUROS DE SANCIÓN
Lista | Cómo saber si mi baliza V16 está homologada y evitar ser multado
Lo último