Xosé Antón Sarmiento, letrado maior da Cámara galega e profesor da Universidade de Vigo, presentou onte o seu manual de Dereito Constitucional, o 'primeiro' adaptado ao Plan Bolonia e que recolle a realidade de Galicia con casos prácticos inspirados na actividade diaria do Parlamento autonómico, onde traballada dende hai 20 anos. Así o indicaron tanto o autor da obra como a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, quen apoiou a presentación desta obra na Cámara galega destacando a importancia de que o Pazo do Hórreo se 'afiance' como ámbito de 'aprendizaxe' e que, así, esta sede estea 'tódolos días de portas abertas'.