Trives acolle a concentración de motos este mes de xullo
CONCENTRACIÓN MOTOTURÍSTICA
Trives prepárase para vivir unha fin de semana chea de motor, música e festa coa celebración da vixésima edición da súa Concentración Mototurística
Trives prepárase para vivir unha fin de semana chea de motor, música e festa coa celebración da vixésima edición da súa Concentración Mototurística. O evento, organizado polo Moto Club Os Esquíos de Trives, desenvolverase os días 11, 12 e 13 de xullo, e reunirá a afeccionados das dúas rodas chegados de diferentes puntos.
A programación comeza o venres 11, coa apertura de inscricións ás 17:00 horas. Pola noite, a partir das 21:00, celebrarase unha chorizada e festa da sangría, seguida da actuación musical da banda América de Vigo na rúa San Martín a partir das 23:30 horas.
O sábado 12 será o día grande. Haberá toro mecánico e inchables durante toda a xornada. Ás 11:00 arrancará a ruta turístico-gastronómica, con paradas para pinchos. Ao regreso, terá lugar unha ruta barítima e o tradicional porco ó espeto, que estará amenizado polo grupo local Macizas Centrais. Pola noite será a gran churrascada, seguida da ruta de bengalas e unha nova actuación musical cos Malditos Pendejos.
O domingo 13, tras o almorzo nos bares de Trives, haberá unha nova ruta mototurística ás 10:30 horas, que incluirá parada con pinchada para os inscritos. Ás 13:30 horas terá lugar a comida, entrega de premios e despedida do evento.
Durante toda a concentración haberá zonas de acampada cuberta e ao aire libre, con servizos e duchas dispoñibles para participantes. O prezo da inscrición é de 50 euros e as prazas son limitadas. Este evento conta coa colaboración de diversos establecementos locais e institucións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Marruecos: ¿fiable y responsable?
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
José Ángel Vázquez Barquero
La Ribeira Sacra, una candidatura de Estado, un proyecto de país
APUESTA POR LA VITICULTURA
Más de 620.000 euros para el Centro do Viño de Ribadavia