"ARDE A ORILLAS DEL SIL"
Los incendios del año 2025 en Valdeorras protagonizan un documental
AMPLO PROGRAMA
Diplomado en Educación Musical, licenciado en Interpretación Textual e posgraduado en Pedagogía Teatral, o actor e cantante Chistian Escuredo, natural do Barco de Valdeorras, será o encargado de pronunciar o pregón no acto inaugural da 37 Feira do Viño de Valdeorras que terá lugar o vindeiro venres 29 de maio no paseo do Malecón ás 19,30 horas.
Cunha ampla traxectoria profesional, ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns pola súa destacada contribución á industria do entretemento. Acadou unha grande notoriedade e o recoñecemento do público grazas ao seu papel protagonista en “33, El Musical” e ás súas interpretacións en series de éxito como “Fariña” e “Vivir sin permiso”.
Na actualidade, é coprotagonista do musical “Houdini”, unha ambiciosa produción que está a recibir unha excelente acollida tanto da crítica como do público.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras aposta así por artistas locais que levan o nome da comarca máis alá das súas fronteiras e que representan, co seu talento e traxectoria, os valores do esforzo, a excelencia e o compromiso coa cultura galega.
A 37 Feira do Viño de Valdeorras reunirá a 22 adegas e ofrecerá un amplo programa de actividades que incluirá catas, actuacións musicais e diversas propostas culturais e gastronómicas. O evento consolídase un ano máis como unha cita de referencia do enoturismo en Galicia, poñendo en valor a calidade dos viños da comarca e a riqueza do patrimonio vitivinícola.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"ARDE A ORILLAS DEL SIL"
Los incendios del año 2025 en Valdeorras protagonizan un documental
EN LAS HORAS CENTRALES
Valdeorras será la única comarca gallega en alerta roja este martes: hasta 42º
Lo último
PULSO ENTRE GOOGLE Y LA PRENSA
La prensa francesa denuncia el uso de sus contenidos en los resúmenes de Inteligencia Artificial