"É moi bonita a pelexa que un ten consigo mesmo para facer as mellores películas"
ENTREVISTA
O público de O Barco de Valdeorras será o primeiro en asistir á estrea da película "Trote", con guión de Diego Ameixeiras e que dirixiu Xacio Rodríguez Baño "Xacio Baño", un director vinculado á vila, na que residen os seus pais.
O público de O Barco de Valdeorras será o primeiro en asistir á estrea da película "Trote", con guión de Diego Ameixeiras e que dirixiu Xacio Rodríguez Baño "Xacio Baño", un director vinculado á vila, na que residen os seus pais. Apasionado do cine, ten ao italiano Roberto Rossellini como referente. O pase será o xoves, ás 20,30 horas, no Teatro Lauro Olmo.
Fálenos dos teus traballos anteriores.
Fixen catro curtas, que se moveron por festivais e xa levo 10 anos no mundo do cinema. Empecei co montaxe mais tiña claro que quería ser director, cineasta. Tamén tiña claro que non se pode desexar, ou eres ou non eres. Non hai ningunha escola de cine. Antes, fixen curtometraxes, algo de ficción, documentais, ensaios.
Por que ese afán pola dirección?
Creo que é unha fermosa maneira á que adicar a existencia. É moi fermosa a pelexa diaria que un ten consigo mesmo para facer as mellores películas e contar as historias máis fermosas, de darlle voltas ao que facemos por aquí, como nos relacionamos, cos nosos erros e atrancos, emocionais, comunicativos... Todo iso interésame investigalo co cinema. É unha arma moi potente, que ten que ver coa existencia e que a min atráeme moito.
Que pretende transmitir "Trote"?
É unha película de animais que xogan a ser humáns. É o discurso de Carme, unha muller que, despois dun trance familiar, cambia e da un paso na súa vida. Cuida a súa casa, a nai ou o pai ata que chega un momento no que fai un "cliq" interno que lle pide correr e avanzar. É unha peli sobre animais feridos que se teñen que lamer as feridas e darlle voltas a como afrontar a morte ou que un non é o que quixera ser senón que é o que é.
Que atopou en María Vázquez para elexila para facer o papel de Carme?
Vin que era ela. Cando vin a María Vázquez soupen que era ela. Un non pode deformar á realidade e creerse todopoderosa e mira. Cando ves cousas que se afastan do que ti cres mais que funcionan mellor hai que aceptalo. María Vázquez fai un traballo espléndido. Fixo a maior parte da película sola, quitoume moito peso da reponsabilidade.
Frases destacadas:
"Creo que a dirección é unha fermosa maneira á que adicar a existencia".
"Trote é unha película de animais que xogan a ser humáns"
"Cando vin a María Vázquez soupen que ela era Carme, a protagonista".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CANDIDATURA PATRIMONIO MUNDIAL
La Ribeira Sacra acelera su carrera hacia la Unesco con el agua como gran aval patrimonial
DÍA INTERNACIONAL DE LA ENFERMERÍA
Gabriela Pérez, enfermera en Ourense: “Siempre tuve clara mi vocación y me mudé a más de 2.000 kilómetros para luchar por ella"
MÁS DEPORTE
Fiesta del ajedrez más joven en el Pazo