I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
A Eurocidade Chaves-Verín presentou os programas sociais para 2025, no marco do proxecto “Eurocidade Termal e da Auga”, e dirixidos a tódolos públicos: xeral, centros educativos e persoas con mobilidade reducida ou necesidades especiais.
Baixo o lema, “Eurocidade, o outro lado que tamén é noso”, os seus responsables buscan reconectar á poboación local co patrimonio termal e os recursos culturais e turísticos compartidos por ambas cidades, reforzando o sentido de pertenza a un territorio común e fomentando a súa dimensión transfronteiriza.
Por unha banda, a Eurocidade realizará visitas guiadas a Verín e a Chaves para os cidadáns a un e outro lado da fronteira.
Alén disto, os centros escolares da comarca poderán participar en “O legado da auga”, unha experiencia educativa inmersiva pensada para o alumnado, e no que aprenderán sobre a historia e cultura da Eurocidade.
Ademais, as persoas con necesidades especiais ou mobilidade reducida desfrutarán dunha experiencia adaptada: “A túa Eurocidade máis accesible”.
A veciñanza de Chaves desfrutará este sábado da primeira acción social, cunha visita a Verín na que pasarán por Cabreiroá, o Castelo e a Feira do Lázaro, con transporte, seguro, guía oficial e xantar de balde, e que esgotou o total de 30 prazas.
Tras este éxito, a Eurocidade traballa xa nunha próxima acción en xuño, dirixida ao público verinense, cun atractivo programa de visitas a Chaves, con propostas turísticas, culturales e degustacións locais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín
Lo último
ADELANTO ELECTORAL
O BNG reclamará “máis dereitos e forza” para Galicia
Manuel Orío
RECORTES
El anuncio
TIRÓN TURÍSTICO EN RIBADAVIA
Ribadavia gana visitantes en verano y refuerza su atractivo termal