As parellas que digan “si, quero” en Verín terán premio de voda
DINAMIZACIÓN COMERCIAL
Aever, a asociación que aglutina o comercio local de Verín, vén de presentar unha novidosa iniciativa que busca impulsar as pedidas de man na vila
A coincidencia este ano do Entroido e de San Valentín levou á Asociación de Empresarios/as de Verín (Aever CCU) a poñer en marcha unha dobre campaña baixo o lema “Entroido, amor e comercio local”. A iniciativa, que está cofinanciada pola Xunta, busca dinamizar a vila e incentivar o consumo no comercio de proximidade.
A campaña artéllase arredor de dúas accións que combinan a tradición festiva co romanticismo. A grande novidade é a aposta pola participación en redes sociais co reto “Pide matrimonio en Verín”. Aever convida ás parellas a gravar a súa pedida de man e enviar o vídeo por WhatsApp ou redes sociais entre o 9 e o 20 de febreiro.
As gravacións participantes publicaranse nos perfís da asociación para seren votadas polo público mediante “likes” do 20 ao 24 de febreiro. O vídeo máis popular, cuxo gañador se anunciará o 25 de febreiro, recibirá un pack especial de voda con agasallos e descontos exclusivos do comercio local.
Mercar ten recompensa
Por outra banda, premiarase a fidelidade dos clientes cun sorteo de tres pasaportes de compra por valor de 50 euros. Para participar, os consumidores deberán rexistrar no formulario habilitado por Aever os tíckets das compras realizadas nos establecementos da vila entre o 5 e o 22 de febreiro, Domingo de Piñata. O sorteo dos pasaportes terá lugar o día seguinte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EVENTO REFERENCIA
Verín se erige como la capital de las vespas y lambrettas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tres heridos tras una salida de vía en la A-75 a la altura de Verín
PAGO A PROVEEDORES
Pleno exprés en Verín para pagar facturas de electricidade
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El trauma del PSOE
Julián Pardinas Sanz
Esa gran amalgama que es España
Jacinto Seara
La vida actual
VÍA DE SERVICIO
En busca de la síntesis