Belén Álvarez Fariñas, subdirectora de hotel: “Cando veño a Verín de visita, esquézome por completo da vida que teño en Francia”
ENTREVISTA
La verinense Belén Álvarez Fariñas (Verín, 1998) suma tres anos vivindo e traballando en Lyon, Francia
Belén Álvarez Fariñas naceu en Verín pero, aos seus 28 anos, xa sabe o que é ter que emigrar ao estranxeiro sen perder un ápice de orgullo polas raíces.
Tras estudar Turismo e Publicidade e formarse cun máster en Francia, hoxe exerce con éxito como subdirectora dun hotel en Lyon, pero non perde de vista as súas orixes e pensa en regresar a medio prazo.
Pregunta. Con que idade marchou de Verín e que lle levou a facelo?
Respuesta. Marchei con 18 anos a estudar a carreira en Segovia porque tiña o “cu un pouco inquieto”. Seguín formándome en Málaga e Jerez de la Frontera, e despois quería viaxar, aprender linguas e coñecer mundo. Antes de chegar a Francia en 2023 para facer o máster, estiven en Inglaterra un ano e pico. Cando es novo non aprecias o arraigo; ás veces precisas saír fóra para valorar de verdade o que tes na casa.
P. Como leva vivir fóra e como xestiona a morriña?
R. Son dúas vidas moi diferentes. Cando veño a Verín de visita, esquézome por completa do que teño en Francia. Pero en Lyon estou moi ben: teño estabilidade, un bo piso, a miña parella e un posto como subdirectora no que se cobra moi ben e respéctanse moito as condicións contractuais. O máis complicado ao principio foi facerme respectar a nivel laboral sen ser francesa, xa que co idioma son moi esixentes. Para combater a morriña, son “moi galega de mente”: na miña casa en Francia vexo “Padre Casares” e estou súper pendente de toda a música e cultura galega actual.
P. Cada canto volve á súa terra e que citas non se perde?
R. Teño as vacacións organizadas de ano en ano por asuntos propios para tres citas que son intocables: o Entroido, o Serán da Pousa e o verán. O Entroido non o perdo nin de broma. Ao meu mozo, que medio francés, medio inglés, tróuxenno este ano e quedou namorado de todo: do Castelo, da proximidade con Portugal e, sobre todo, do noso estilo de vida, da calidade dos nosos produtos naturais e da comida da horta. Flipaba con que saíramos á rúa e saudásemos a todo o mundo.
P. Ten en mente volver vivir en Verín definitivamente?
R. Si, o meu obxectivo final é volver a Verín. Teño as etapas do meu futuro moi planificadas. A curto prazo Gustaríame coller unha pausa dun ou dous meses para vir aquí a descansar e coidar de min sen pensar no traballo. A medio prazo, quero mudarme de volta a Galicia ou preto e, máis adiante, regresar a Verín para quedar. De feito, teño en mente montar un “glamping” con bungalows de madeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 13 de julio
MERCADOS ESPAÑOLES
La Bolsa reparte entre sus accionistas 26.399 millones
PIEZA IMPORTANTE
Sean McDonnell renueva con el COB