Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
IMPULSOR DOS MAIOS
Dende o Concello de Verín apuntan que analizarán a petición da familia de Enrique Gómez Pato e levarán unha proposta ao pleno para dar á biblioteca o seu nome
O pasado 30 de abril, durante a presentación da obra recompilatoria “Artigos, contos e maios” sobre a figura de Enrique Gómez Pato, o investigador e divulgador verinense Bruno Rúa lanzou unha proposta: darlle á biblioteca municipal o nome de Gómez Pato, xoieiro, xornalista, escritor, impulsor dos Maios e referente cultural da vila ata a súa morte en 1979.
Os numerosos familiares de “O Pato” presentes naquel emotivo acto na Casa da Cultura recolleron a idea, e ao longo destes días estiveron concretando unha petición que conta co apoio de máis veciños e persoeiros da cultura local, e que este martes trasladaron formalmente ao grupo de goberno. Fontes do Concello consultadas indican que a súa petición será debidamente analizada, co fin de realizar posteriormente unha proposta e levala a pleno.
Apoio familiar
Dous dos seus “Patiños”, como chamaba Gómez Pato de xeito cariñoso aos seus fillos, secundan como toda a súa familia a proposta iniciada por Bruno Rúa. Para Antonio Gerardo “Ran”, a biblioteca é un lugar “perfecto” para que Enrique Gómez Pato lle dea nome, e lembra que o seu interior xa presume “dun busto” de seu pai, a quen define como “un home moi activo, sempre estaba escribindo”.
Pola súa banda, o outro fillo varón, Luis Aurelio “Luislé”, afirma que unha das primeiras persoas que propuxeron que o seu pai dera nome á biblioteca foi “Plácido Romero”, o cineasta verinense finado en 2024. A petición lanzada por Bruno Rúa parécelle “moi acaída”.
Xornalista
Nado en México en 1922, ao pouco tempo Enrique Gómez Pato retornou coa súa familia e criouse na rúa Santo Domingo da capital ourensá. Posteriormente, trasladouse a Verín, vila onde montou unha xoiería que aínda sigue aberta da man de familiares que preservan o seu legado e nome. Instalado na comarca, ademais de xoieiro non deixou de escribir. Foi correspondente na comarca para La Región, colaborou con diversos medios e escribiu dúas obras de teatro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERCEIRA RENUNCIA
A número tres do PP de Verín tamén entrega a acta de concelleira
CAMBIOS NA FORMACIÓN
Renuncian a cabeza de lista e o número dous do PP de Verín
AUMENTO DA POBOACIÓN
O Concello de Verín pide usar a auga "responsablemente" pola maior demanda
Lo último