HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
INICIATIVA PIONEIRA
A Casa da Cultura verinense albergará o vindeiro 30 de maio, de 10,00 a 14,00 horas, o “I Encontro de mulleres xitanas pola defensa dos dereitos das mulleres e nenas da comarca de Verín”.
Esta xornada, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, ten por obxectivo fomentar a convivencia, apoderamento e aprendizaxe coletiva entre mulleres xitanas e paias do municipio. Dende o CIM fan un chamamente a tódalas mulleres, sexan ou non de etnia xitana, a inscribirse e participar.
A mañá arrancará da man de Rosario Rodríguez, concelleira dos Servizos Sociais verinenses, tralo que tomará a palabra persoal do CIM para presentar o programa, que se dividirá en tres grandes bloques: historia do pobo xitano con perspectiva de xénero, antixitanismo, prexuízos e racismo, e feminismo romaní.
Esta última parte estará conducida por dúas mulleres referentes na loita contra a violencia da “Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad”.
Para inscribirse, basta con acceder ao formulario nas redes sociais ou na web do CIM, ou na oficina da traballadora social do Concello de Verín.
Este encontro está subvencionado polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero dos concellos de Verín, Monterrei, Oimbra, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós e Cualedro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Botella especial
Cabreiroá vuelve a su origen verinense por su 120 aniversario
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N