O Concello de Verín incrementa un 43% os fondos para investimentos en 2026
FINANCIAMENTO EXTERNO
Unha modificación de crédito por valor de 2,27 millóns permitirá ao Concello de Verín elevar ata os 5,23 millóns a partida de investimentos para este exercicio
O Concello de Verín aprobou este luns nun pleno extraordinario unha modificación de crédito por importe de 2.271.742 euros, que elevará o investimento total para 2026 ata os 5,23 millóns. Este medida, que contou cos votos a favor do grupo de goberno PSOE-BNG e o rexeitamento do PP, supón que máis do 43% do financiamento deste ano procederá de subvencións doutras administracións.
O alcalde, Gerardo Seoane, comentou que o expediente permite incorporar “os fondos europeos da senda financieira Feder” concedidos a Verín. Entre as actuacións previstas están a pavimentación de vías urbanas, rurais e beirarrúas, o asfaltado da N 532 e a urbanización da avenida Luis Espada. Tamén se reservan achegas para a impermeabilización do colector principal, a remunicipalización do abastecemento e saneamento, a nova escola infantil e a expropiación de terreos en Fontenova.
Críticas do PP
En ausencia da voceira popular, Lara Da Silva, onte tomou a palabra a concelleira Sonia Arias, que dixo que a modificación era a “prueba definitiva del fracaso de su gestión económica”, e sinalou un informe de intervención que alerta de “falta de liquidez” e atrasos no pago a provedores, acusando ao bipartito de perder subvencións para a depuradora e a gardería por non cumprir os prazos. Criticou tamén ao remunicipalizado servizo do lixo, o que provocou unha rifa dialéctico entre Seoane e a popular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último