I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
ASOCIACIONISMO DE MULLERES
A Área de Igualdade da Deputación continúa co programa “8M, mes a mes”, e adícalle outubro ás mulleres rurais, personificadas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro), con sede en Verín. A deputada de Igualdade, Teresa Barge, explicou que son un claro exemplo de forza feminina dende o rural “e o 15 de outubro é o Día da Muller Rural”.
Maribel Garrido, quen preside Femuro dende 2012, cofundou a federación no 1998 con Corona Meixeira, e agora con 68 asociacións federadas por toda a provincia. A Deputación pon en valor o seu incansable labor a prol do asociacionismo das mulleres no rural, que se reflicte en actos como o que terá lugar en Vilardevós o día 18.
Femuro naceu da necesidade de crear un espazo de unión e colaboración entre as asociacións de mulleres do rural. Segundo a súa presidenta, “traballamos para fortalecer o tecido asociativo feminino e mellorar as condicións de vida das mulleres nas zonas rurais de Ourense”.
A federación traballa dous eixes: o asociacionismo e o ámbito social. Por unha banda, acompaña ás asociacións de mulleres na súa creación e consolidación, ofrecendo asesoramento, apoio en xestións e trámites, dinamización de actividades e organización de talleres, encontros e xornadas formativas.
No plano social, Femuro desenvolve programas de emprego, formación, emerxencia social, conciliación e atención ás mulleres vulnerables. Ademais, leva a cabo sensibilizacións en igualdade para a poboación, tamén nos centros educativos, onde traballa coa infancia e a adolescencia para previr violencias machistas e fomentar relacións dende o respecto e a igualdade.
“Femuro é un nexo entre mulleres de distintas idades, procedencias e realidades, un espazo onde atopan apoio, orientación e acompañamento. É sinónimo de rede, forza e comunidade no rural ourensán”, salienta Garrido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 6 de octubre
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 6 de octubre