DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana
ZONA DE ALTO RIESGO
Os deputados autonómicos do PP Miguel Ángel Viso, Cristina Campero e Víctor Baladrón visitaron a sede do distrito forestal XIV, ubicado no concello de Verín, para comprobar o operativo de prevención e loita contra os incendios forestais de Galicia, no que unha das súas referencias é este distrito no que traballan directamente máis de 200 persoas.
As instalacións teñen preto de 2.500 metros cadrados nas que se instalou unha base da unidade operativa na que o persoal do servizo de prevención e extinción de incendios pode conciliar o traballo co descanso.
A primeira planta a acolle a sede e o centro de coordinación, dende se xestiona a loita contra os incendios forestais a través dun sistema de vixilancia forestal, mentres que a outra é utilizada polo persoal da base da unidade operativa, con zona de vestiarios, aseos, sala de formación, almacén e zona de ocio, ademais dun espazo suficiente para gardar os vehículos todoterreo e as motobombas.
A sede do distrito forestal XIV de Verín, conta este ano con 19 cámaras de vixilancia ao estar considerado todo o distrito como zona de alto risco de incendios, ao tempo que se continúa desenvolvendo unha ferramenta para controlar os riscos e os lumes transfronteirizos, no marco dunha colaboración establecida con Portugal.
O dispositivo de loita contra os lumes forestais en Galicia está integrado este ano por máis de 7.000 persoas, contabilizando tanto os profesionais propios da Xunta como os adscritos a outras administracións, unha trintena de medios aéreos contra o lume, entre os da Xunta e os que achega o Goberno, e 380 motobombas e vehículos pesados, da Xunta e municipais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Lo último