Emilio González Afonso, político e médico xubilado de Verín: “A pintura sempre foi unha inquedanza que levei dentro e fun cultivando co tempo”
FACETA ARTÍSTICA
Tras unha longa traxectoria como representante público e doutor, o excalde de Verín e subdelegado do Goberno destapa a súa faceta artística cunha mostra na súa vila natal que recompila parte dos seus óleos e acuarelas
Alcalde de Verín en dúas etapas (1991-1995 e 2004-2007) e subdelegado do Goberno entre 2018 e ata a súa xubilación en 2024, o político e médico xubilado Emilio González Afonso sempre agochou a súa paixón pola pintura, cultivada dende hai 30 anos.
Baixo o nome “Ver, sentir e pintar”, este ilustre verinense presenta na sala de exposicións municipal unha mostra con acuarelas e óleos de escenas realistas e instantáneas de recunchos da vila. A inauguración será este venres 8 ás 19,30 horas. As obras poderán visitarse ata o 28 de maio de luns a venres en horario de 10,30 a 14,00 e de 16,30 a 18,30, así como os sábado de 10,30 a 14,00 e de 17,00 a 20,00.
Pregunta. Para quen non coñeza esta faceta súa, dende cando pinta?
Respuesta. Empecei a ter contacto directo coa pintura a partir de 1995. Tiña inquedanza, era algo que levaba dentro dende había moito tempo, e crin que podía dar un paso máis aló e enfrontarme a algo que me gustaba. Inicieime cun pintor local que se chamaba Leonardo Vidal, el foi quen me guiou nos meus primeiros pasos e me ofreceu a posibilidade de desenvolverme. Daquela compatibilizaba a pintura coa miña profesión de médico, e apenas botei dous meses nas clases. Pero perdinlle o medo ao pincel e ao lienzo. A partir de aí, fixen un camiño totalmente autodidacta no que deixei fluir a miña personalidade artística.
P. Como definiría o seu estilo e en que se inspira para crear?
R. Traballo fundamentalmente dúas técnicas: o óleo, coa que me iniciei, e outra que levo traballado moito nos tres últimos anos, a acuarela. Cada cadro sempre ten unha inspiración especial que te leva a involucrarte con el, ben sexa polo espazo que pintas ou polo tipo de pintura. É aí cando xorde un chispazo e inicias o diálogo artístico co elemento que tes diante.
P. Que atoparán os veciños que visiten a súa mostra?
R. Esta mostra é unha retrospectiva que recolle un pouco de toda a miña obra, que en realidade é moito máis extensa. Atoparán moitos cadros de mariñas, pero tamén lugares recoñecibles de Verín e da contorna, mesmo do Entroido. Entre algunhas das últimas acuarelas está unha da igrexa de Santa María a Real, en Entrimo. Procuro un equilibrio nas miñas obras, temático pero tamén cromático, ao combinar moitos tons de azul, pero tamén ocres e sienas.
P. Dalgunha forma estase “espindo” a nivel artístico na súa vila.
R. Si, e faime moita ilusión, xa que ata o de agora só expuxera no Liceo de Ourense en 2024. Na Subdelegación quedou un cadro meu da fachada e unhas ilustracións que fixen para un libro polo Día Internacional da Erradicación da Violencia de Xénero, e que tamén se poderán ver na mostra. Durante estes anos tiven que priorizar a miña profesión, pero fun quen de levar en paralelo os cargos públicos, de moita responsabilidade, sen deixar de cultivar a pintura. Pero só compartía a miña arte coa familia e cos máis achegados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
Lo último
Julián Pardinas Sanz
No es un premio, es una herramienta de la justicia
MANETER VIVAS LAS TRADICIONES
El San Xoán de la memoria
Manuel Baltar
Las zonas de bajas emisiones
CAMPAMENTO DE VERANO
Amoeiro abre el plazo para su campamento veraniego