riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
DO 20 AO 22 DE MARZO
O Concello de Verín vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar como expositor na vindeira edición da Feira do Lázaro. Esta cita, encontro de referencia e de longa traxectoria na vila que reúne para a artesanía, a alimentación e o comercio de proximidade, celebrarase no pavillón de deportes na fin de semana do 20 ao 22 de marzo.
A convocatoria está aberta a múltiples modalidades, incluíndo tamén a organismos sen ánimo de lucro e centros educativos, que deberán formalizar a súa inscrición preferentemente Na Sede Electrónica do Concello antes do 24 de febreiro. O prezo estipulado para o aluguer de cada posto, cunhas dimensións de nove metros cadrados, é de 90 euros, existindo tamén a opción de alugar mobiliario adicional para os postos.
Os participantes seleccionaranse por orde de entrada da documentación, priorizando proxectos que fomenten o desenvolvemento económico local e aporten variedade e orixinalidade á oferta feiral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último