A Feira do Lázaro de Verín volverá ter concurso de pinchos e sorteos
DINAMIZACIÓN DA HOSTALERÍA
Os veciños de Verín e visitantes volverán poder votar polos seus pinchos favoritos na Feira do Lázaro deste ano
O Concello de Verín vén de anunciar o III "Pincha no Lázaro", do 19 ao 21 de marzo, coincidindo coa Feira do Lázaro. A concellería de Feiras, Transporte e Xuventude impulsa de novo esta iniciativa de promoción da gastronomía local que en 2025 serviu 4.735 pinchos.
Os establecementos interesados poden inscribirse ata o 2 de marzo cun correo á OMIC ou presencialmente na Casa da Xuventude. Cada local competirá cun único pincho por 2,50 euros.
Para escoller os gañadores haberá un xurado técnico, que valorará de xeito anónimo o sabor, a presentación e a dificultade. Ademais, haberá o xurado popular dos propios clientes a través de papeletas de votación, que permitirán entrar no sorteo de oito agasallos, como un vale de 100 euros para gastar na hostalaría, un xamón, viño da D.O. Monterrei e un bono termal en Chaves.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último