QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que a Bibiana Fernández la viste Viana?
XVII ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS
O instituto Castro de Baronceli celebrou este luns a XVII edición da súa xa tradicional “Romaría das Letras Galegas”, unha iniciativa didáctica e lúdica que busca dinamizar o centro nun día lectivo arredor da visibilización da lingua.
Alén diso, cada ano réndese unha homenaxe a un persoeiro da comarca recoñecido polo seu labor a prol do idioma, e dedícaselle unha aula ou sala.
O homenaxeado este ano foi o escritor, director de corais, mestre e acordeonista Edelmiro “Mirito” Mateo (Verín, 1963), que dá agora nome á cafetería. Mateo estivo acompañado pola súa muller, Modesta Rúa; seu irmán, o adegueiro José Luis Mateo; o exalcalde e subdelegado do Goberno, Emilio González, e o director dos Salesianos de Ourense, Eusebio Martínez.
Benita Pérez, directora do centro, presentou a Mateo e a súa obra ante o alumnado, e destacou a súa ligazón co instituto dende 2012, ano en que a sala de música pasou a levar o nome do seu benquerido amigo Ángel Barja.
Mateo, visiblemente emocionado, agradeceu o cariño de tódolos presentes, e pediulle aos rapaces que aproveitasen o seu tempo no centro porque, a diferenza del, “tedes a sorte de non ter que emigrar para adquirir coñecementos”.
A xornada tivo xantar, xogos populares e unha gala literaria e musical organizada polo alumnado de 4º da ESO, na que tocaron os estudantes e tamén Miro Mateo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que a Bibiana Fernández la viste Viana?
RETARDANTE DEL FUEGO
Drones y “Chivi-Fire”, la fórmula "made in Verín" para luchar contra los incendios
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 8 de mayo
PRESUPUESTO PÚBLICO
El Gobierno desvió otros 8.500 millones de la UE a pensiones
RETORNO A LA POLÍTICA
Sémper apuesta por gobernar en solitario y “traer la calma”
CAMPAÑA ELECTORAL EN ANDALUCÍA
Moreno ve ilegal la “prioridad nacional” que plantean en Vox