A número tres do PP de Verín tamén entrega a acta de concelleira
TERCEIRA RENUNCIA
Trala marcha da voceira e cabeza de lista en 2023 do PP de Verín, Lara Da Silva, e do número dous, Aitor Álvarez, este martes entregou a súa acta a número tres, Sonia Arias
O Partido Popular de Verín afondou este martes, e por segundo día consecutivo, na súa particular crise iniciada o luns coa repentina saída da voceira, Lara Da Silva, e do número dous, Aitor Álvarez. Desta vez foi o turno da seguinte na lista ás eleccións municipais de 2023, Sonia Arias, quen renunciou á súa acta de concelleira. Dende a formación popular aducen novamente a “motivos persoais” para explicar esta baixa, que sorprende por producirse o día seguinte ao anuncio do luns, sen confirmar quen tomará a acta.
Dende o PP verinense agradecen o intenso traballo destes tres anos da ata agora número tres, salientando a súa “responsabilidade e compromiso”. Pola súa banda, Arias optou por non facer declaracións.
Os populares insisten en que estas renuncias, ademais de situacións persoais, teñen que ver coa proximidade das eleccións municipais: “Un concello precisa moita dedicación e os nosos compañeiros, conscientes de que as súas situacións laborais non eran compatibles cunha dedicación plena á política, decidiron deixar a súa acta a disposición do partido”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCIERTO SOLIDARIO
El OUFF recaudó en su concierto solidario de Verín más de 3.000 euros
150 ESTUDIANTES
Verín y Chaves refuerzan la cooperación en emergencias