riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
FEIRA DO LÁZARO
En total, os 16 establecementos de Verín participantes serviron en tres días 5.009 elaboracións, consolidando esta cita no marco da Feira do Lázaro. O concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude, Manuel Lorenzo, destacou a “implicación” do sector e a “excelente” resposta do público.
No que respecta ao concurso que escolleu os mellores pinchos, o xurado profesional recoñeceu o alto nivel das propostas presentadas. O restaurante O Ferro alzouse co galardón de campión, mentres que Gandainas levou o premio ao mellor sabor. Pola súa banda, A Dorna destacou pola mellor presentación e o restaurante Brasil foi recoñecido pola maior dificultade na elaboración dos seus pinchos. Ademais, Valdabella recibiu a distinción ao mellor expositor pola súa capacidade de atracción e calidade.
Por último, sorteáronse oito premios entre tódolos consumidores do III Pincha no Lázaro, dende un vale de 100 euros ata unha estuche de viño da D.O. Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último