DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
ROLDA DE PRENSA
A operación de crédito aprobada en pleno polo Concello de Verín hai unha semana aínda colea. Nese senso, o Partido Popular asegurou este mércores que dos dous millóns do préstamo que se anunciaron que se destinarían á pavimentación de rúas na vila e en 11 núcleos rurais, finalmente “só se destinarán 450.000 euros”.
A voceira popular, Lara Da Silva, acusou ao alcalde Gerardo Seoane de “enganar á cidadanía” cos importes das obras, xa que os informes de Intervención Municipal reflicten partidas diferentes. “Unha propaganda máis que deixa en evidencia que os orzamentos elaborados polo bipartido PSOE-BNG son papel mollado”, sinalou.
Os populares extenderon á súa crítica á xestión económica, pondo como exemplo o proxecto da nova escola infantil. “Deixaron perder unha axuda de 700.000 euros para cargar a factura sobre os veciños”, lamentou Da Silva, que tamén apuntou ao “encarecemento nos últimos anos do servizo remunicipalizado da auga”
Finalmente, sobre o “plan de pago” anunciado polo grupo de goberno para sanear as obrigas con provedores, o PP aclarou que o abono ás máis de 250 empresas afectadas non é un logro municipal, destacando “que se hoxe se pagan non é por vontade política nin por unha xestión eficiente, senón porque Facenda os obriga”.
Pola súa banda, o alcalde Seoane rexeitou as acusacións do PP, asegurando que “houbo unha modificación orzamentaria, pero o crédito destinarase a pavimentacións, que é algo que a veciñanza precisa”. Sobre o proceso para saldar a débeda, afirma que é “bo para o Concello e para todos, só acelera un proceso que xa tiñamos previsto”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro