DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil
VIÑOS E PRODUTOS DA TERRA
Tódalas propostas da Feira do Lázaro contan cun formato reducido de máximo 20 persoas por cada sesión co obxectivo de garantir a calidade da experiencia.
O venres arranca coa cata gratuíta de queixos de cabra confitados de Queixeira Gaia, ás 19,30 horas. O sábado, a programación inclúe catas de viños brancos da D.O. Monterrei con produto galego ás 11,00 horas, cun custo de 12 euros. Seguiranlle o “showcooking” e a degustación gratuíta da IXP Ternera Gallega ás 12,00 e ás 13,00 horas respectivamente.
Xa pola tarde, Agacal ofrecerá catas de queixos e meles premiados ás 17,00 horas e unha degustación de produtos de artesanía alimentaria unha hora máis tarde.. A xornada do sábado complétase cunha cata de viños tintos da D.O. Monterrei ás 19,00 por un prezo de 12 euros e unha cata de marmeladas e patés veganos de Baronceli ás 20,00.
O domingo repetirase a cata de Agacal ás 11,00 horas e haberá unha sesión de cata de maridaxe da D.O. Monterrei ás 12,15 por 12 euros. O programa pecharase cunha nova cata de queixos de cabra ás 18,30.
Os interesados poden formalizar a súa inscrición, antes deste venres ás 20,00 horas, na oficina da OMIC, na Casa da Xuventude, chamando ao teléfono 988 414 776 ou no enderezo blankylm@gmail.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Encuentran el cuerpo sin vida de un hombre en el río Támega, en Verín
SERVICIO NECESARIO Y EN AUGE
Migrantes y comarcas vecinas impulsan los nacimientos en el hospital de Verín
Lo último