Verín abre as inscricións para unha nova Feira da Cervexa
SEXTA EDICIÓN
A Preguiza volverá acoller a Feira da Cervexa de Verín os vindeiros días 10 e 11 de outubro, e combinará a coñecida bebida con patros típicos como salchichas ou codillo
O Concello de Verín xa ten en marcha a organización da sexta edición da Feira da Cervexa, que terá lugar os días 10 e 11 de outubro no Parque da Preguiza. A convocatoria está aberta ás solicitudes de distribuidores de cervexa, establecementos de restauración e “foodtrucks”, que poderán inscribirse ata o 21 de setembro a través da sede electrónica.
Este evento busca novamente dinamizar a economía e ofrecer unha alternativa de ocio arredor deste sector e da gastronomía. A organización aposta por compaxinar pratos típicos como salchichas ou codillo con propostas baseadas en produtos da terra e opcións veganas.
O recinto abrirá ambos días en horario de 18,00 a 2,00 horas. As tarifas de participación fixáronse en 40 euros por metro lineal para as firmas cervexeiras, 100 euros para os postos de alimentación e 9,32 euros o metro cadrado para as “foodtrucks”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCIERTO SOLIDARIO
El OUFF recaudó en su concierto solidario de Verín más de 3.000 euros
150 ESTUDIANTES
Verín y Chaves refuerzan la cooperación en emergencias
Lo último
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Trump, Rusia y el precio del petróleo
16 KILÓMETROS DE HOMENAJE
Paso a paso, sin olvidar a Willy: más de cien personas se reúnen para honrar su memoria
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Contrato de amor
UNA VIDA DE COLECCIÓN (LII)
“Kaos vive”, grito de guerra de un autor de pintadas