I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
SESIÓN PLENARIA
O Concello de Verín celebrou este mércores o seu terceiro pleno extraordinario en quince días. O alcalde, Gerardo Seoane, explicou que o obxecto da sesión era “enviar a Facenda a cantidade exacta do préstamo de proveedores”, corrección que precisaba da solicitude dunha nova operación de crédito por importe de 3.383.105 euros, vencellada ao recentemente aprobado plan de axuste municipal. Este trámite saíu adiante cos votos do grupo de goberno PSOE-BNG e co rexeitamento do PP.
Pola súa banda, a voceira do PP, Lara Da Silva, aclarou que “non votamos en contra de que os provedores que aceptaron cobren, senón á mala xestión que nos levou a todo isto e a debater un plan de axuste en dous minutos”. Os populares insisten en que o plan de axuste “condicionará as arcas locais ata o 2041”, e advirten das consecuencias que terá para a cidadanía, como un forte “incremento” da presión fiscal de centos de miles de euros ao ano mediante a “suba das taxas de lixo, depuración e plusvalía”. A isto suman unha redución dos investimentos municipais por importe de “500.000 euros en 2026, 300.000 en 2027 e 200.000 en 2028”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín
Lo último
GALICIA ENTERA BAJO AVISO
La alerta amarilla por lluvias y tormentas se amplía este martes a toda la provincia de Ourense