O pleno de Verín aproba o plan de axuste ata o 2041
MECANISMO ESTATAL
O plan de pago a proveedores do Concello de Verín leva consigo un plan de axuste que foi o principal punto da orde do día da sesión plenaria
Verín aprobou este martes en sesión plenaria extraordinaria o plan de axuste para o período 2026-2041. Trátase dunha medida paralela ao mecanismo estatal ao que o Concello anunciara a súa adhesión a inicios do mes, e que lle permitirá saldar débedas plurianuais con máis de 250 provedores por valor de 3,7 millóns.
O alcalde, Gerardo Seoane, xustificou a urxencia co fin de cumprir co plan de pago a proveedores xa en xuño, e engadiu que “ata onde eu sei, Facenda xa ingresou o diñeiro á xente”. No pleno tamén se aprobou o levantamento de reparos de legalidade da intervención, un punto que tamén saíu adiante cos votos do grupo de goberno PSOE-BNG, malia o voto en contra das edís do PP.
Lara Da Silva, voceira popular, cargou contra a “nefasta xestión” do PSOE e BNG e sinalou que o plan de axuste se basea nunha liquidación de 2025 “gravísima”, cun período medio de pago de 275 días e 5,85 millóns en facturas sen orzamento. Ademais, censurou recibir os informes con pouca marxe e criticou que o executivo camufle como “dinamismo” un patrón de continuos levantamentos de reparos de legalidade.
Os populares aseguran que o plan de axuste contempla unha suba das taxas municipais, afectando ao lixo e auga neste ano, e unha redución no investimento nos vindeiros tres exercicios, pero non reduce o 5% en gastos de persoal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MECANISMO ESTATAL
O pleno de Verín aproba o plan de axuste ata o 2041
"PEGADAS DO BAILE"
Los niños aprenden a bailar muiñeiras y jotas en Verín
Lo último