Verín inviste en seguridade con dous novos vehículos para a Policía Local
MOBILIDADE SOSTIBLE
Os novos vehículos tipo SUV de Verín incorporan tecnoloxía híbrida, e un deles dispón de kit de detidos para usar en operativos
A Policía Local de Verín vén de sumar dous novos “efectivos” para mellorar a eficacia do seu labor. O Concello incorporou sendos vehículos híbridos, que reafirman a aposta pola seguridade cidadá, a modernización dos servizos públicos e a mobilidade sostible. Un deles dispón ademais de kit de detidos, o que reforza a capacidade operativa da Policía Local en intervencións que requiren traslado de persoas detidas.
Os coches patrulla incorporados, dous Renault Arkana SUV híbridos, foron adquiridos cun investimento de 91.301,76 euros mediante renting, co fin de renovar progresivamente a frota “sen comprometer a sustentabilidade económica do Concello”.
Dende o goberno municipal aseguran que esta operación mellora a comodidade do servizo policial e reduce a emisión de contaminantes. Á recepción acudiron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, as concelleiras Rosario Rodríguez (Servizos sociais) e Cándida Couñago (Seguridade); e o xefe do corpo de Policia Local, Emilio Morillo.
“Prioridade do goberno”
O alcalde subliñou que “investir en seguridade é investir en calidade de vida”, e destacou que “dotar á Policía Local de medios modernos, seguros e sostibles é unha prioridade deste goberno, porque repercute directamente nun mellor servizo á veciñanza e nunha maior capacidade de resposta ante as necesidades do municipio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manifestación multitudinaria
Verín mobilízase para reclamar mellor atención sanitaria
PROGRAMACIÓN MUSICAL
La XIX Feira do Viño de Monterrei apuesta por un trío de cantantes gallegas
Lo último
Manuel Orío
RECORTES
Un protocolo común
12 DE AGOSTO
Infografía | Cuenta atrás para el eclipse en Ourense
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Julio de 1936, el fin del Madrid “republicano”
Riqueza gastronómica
Oímbra luce su huerta con su exitosa exaltación del pimiento