I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
O Auditorio de Verín acolleu a I Gala dos Premios ao Comercio, organizada polo Centro Comercial Urbano Aever, asociación que reúne ao tecido comercial local, no marco dunha campaña financiada pola Xunta para poñer en valor a traxectoria, a innovación e o traballo dos establecementos da vila.
Durante o acto, conducido pola actriz Iria Sobrado e coa actuación musical de Mr. Cool, deuse a coñecer o fallo do xurado nas distintas categorías. Xoguetería Kuqui fíxose co premio á Renovación ou Relevo Xeracional, mentres que Chabela Regalos levou o galardón polo seu Compromiso coa Comunidade e Identidade Local. O premio ao Novo Comercio recaeu en Marise Salgado, a distinción de Innovación Comercial de Proximidade foi para UnoUno Arquitectura Interior e Santiveri foi recoñecido na categoría de Mellor Comunicación Comercial de Proximidade.
Na súa intervención, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, destacou o labor desenvolvido por Aever e subliñou a importancia de visibilizar o traballo do comercio local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
PROYECTO EUROPEO
Galicia y Portugal refuerzan la unión contra el fuego
JUICIO EN OURENSE
Condenado un grupo criminal por traficar con droga en Verín