SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
FEMURO
O auditorio de Verín converterase este venres e sábado no marco de celebración do XXI Foro da Igualdade de Femuro, a federación provincial con sede en Verín que integran máis de 60 asociacións de mulleres rurais.
Baixo o lema “As que resisten: Da ferida á palabra, da palabra á forza”, este encontro conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e reunirá voces destacadas do activismo e do cine social. Ademais, aspira a ser un espazo de diálogo entre institucións, cidadanía e asociacións de mulleres rurais.
A primeira xornada, este venres 3 de outubro, estará dedicada á mocidade en colaboración cos centros educativos da comarca. A pedagoga e experta en igualdade Noelia Míguez ofrecerá a ponencia “Sinais que deixan pegada”, orientada a dotar ao alumnado de ferramentas para a detección temperá e a prevención da violencia de xénero.
O sábado 4 será o día grande do Foro, que arrancará coa estrea en Galicia do novo documental de Mabel Lozano “Abril: Hoy no es invierno”, recentemente presentado no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, xunto coa proxección de “Ava”, obra coa que a directora gañou o Goya 2024 á Mellor Curtametraxe Documental.
Tralas proxeccións, haberá un coloquio coa cineasta para afondar no proceso creativo e nas realidades que denuncia. A xornada completaráse coa intervención de Adriana Cardozo, supervivente de violencia machista, que compartirá a súa historia en primeira persoa. As entradas pódense reservar no 988 411 390 ou ese día no auditorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Encuentran el cuerpo sin vida de un hombre en el río Támega, en Verín
SERVICIO NECESARIO Y EN AUGE
Migrantes y comarcas vecinas impulsan los nacimientos en el hospital de Verín
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio