ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
ENTREVISTA
O escritor políglota Xavier Frías Conde —escribe en asturiano, castelán, galego e portugués, entre outras, sobre todo literatura infantil e xuvenil, e fala máis de 10 linguas— será o encargado de dar inicio como narrador este venres, na biblioteca municipal de Verín, dende as 19,30 horas, a "Fontes Sonoras".
O sábado será o turno do grupo musical italolusogalego Cantar Poesía, que actuará ás 20,00 na igrexa de Santa María a Maior. Finalmente, a Casa da Cultura verinense acollerá o domingo, ás 12,30 horas, os poetas Chus Pato, ourensá, e Jorge Melícias, portugués nado en Angola.
Pregunta. Malia ser asturiano, leva toda a vida escribindo e falando en galego, concretamente o que se fala na rexión de Eo-Navia.
Respuesta. Eu nacín en Salamanca, a miña familia materna é eonaviega, polo que a lingua familiar era a variedade do galego de alí, se ben non foi a miña lingua nai xa que nunca vivín nun territorio de fala galega. De aí provén a paixón que eu sinto polo galego. Con 17 anos tomei consciencia do idioma, e dende un punto de vista literario o galego é a miña lingua de creación. Amo o galego, non che sei dicir exactamente por que.
P. Chega á biblioteca de Verín na súa faceta de narrador. Que pode esperar o público asistente?
R. Vou ler microcontos de dous libros meus en galego. Son textos breves de microficción, que agora está moi de moda. Ao mediodía farei o mesmo en Chaves, pero con público xoven portugués, mentres que en Verín será para adultos.
P. Fala, escribe e traduce en máis de dez linguas. Que lle diría aos que preferirían ter unha sociedade monolingüe?
R. A fin da humanidade virá por moitas cousas, unha delas a homoxenización absoluta. Se perdemos a nosa identidade cultural, somos aínda máis manipulables. Cando vexo os galegos dicir con ese sotaque tan característico que se sinten “orgullosos” de selo, pero non falan nin unha palabra de galego, non sei se rir ou chorar. Ter unha lingua propia e deixala morrer é algo que non dou entendido.
P. Estrea o primeiro “Fontes Sonoras”, un evento cultural entre Chaves e Verín. Aínda latexa o galego-portugués?
R. Para min foron e aínda son a mesma lingua, son un defensor absoluto da lusofonía e do galego dentro dela. Pero logo está a cuestión política e isolacionista. A realidade é que no Brasil falo en galego e para os brasileiros é a mesma cousa. Existe unha mediatización dende hai séculos que afirma que o galego é unha lingua “para falar coas vacas”, e non saben o que están a perder como pobo, como esencia, como persoas. A meirande parte dos lectores das miñas obras xuvenís son portugueses e brasileiros, os rapaces lenme en galego. E estas cousas na Galiza non se entenden ou non se queren entender.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas