OCTAVA EDICIÓN
Punxeiro brindó por su vendimia
ENTREVISTA AO NOVO ALCALDE
García-Ávila, que relevou ao popular Andrés Montesinos como alcalde de Viana do Bolo, ostentará o bastón de mando ata o vindeiro 18 de agosto de 2026.
Nesa data, segundo o pacto de goberno asinado cos nacionalistas, a alcaldía pasará a mans do BNG, e Graciela Diéguez converterase na primeira alcaldesa da vila.
Pregunta. Moitos veciños seguramente se preguntan: por que agora?
Respuesta. Eu tamén mo pregunto, por que permitimos gobernar ao PP. En Viana aconteceron cousas que todo o mundo sabe, e que xeraron un ambiente enrarecido entre o BNG e PSOE, de falta de confianza. Ao fin aparcamos todo iso, non podíamos fallar aos que votaron por nós e por forzas progresistas. A vila está nunha situación caótica, temos miles de motivos para facelo.
P. Que Concello se atopará tras case catro anos de goberno popular?
R. A xestión administrativa é de pena. O SAF leva tres anos sen licitarse, non o fixo o PP nin cando tivo maioría absoluta. As subvencións ás escolas deportivas, culturais, Entroido, folións, etc. están sen pagar dende 2023. O alcalde, co que había unha falta total de diálogo, escudábase en que facía falta un novo orzamento, cando o único que precisaba era habilitar achegas, como fixeron moitos outros concellos como Verín ou O Barco.
P. Que medidas quere levar a cabo neste ano do que dispón?
R. Primeiro temos que aterrar e ver os fondos. O orzamento está aprobado, pero non sabemos de que achegas podemos dispor. Temos moitas propostas, como humanizar a vila, que presume dunha paisaxe única e privilexiada, pero cunha circulación e limpeza que non están á altura. E buscaremos a colaboración de tódalas administracións.
P. Prefería gobernar en coalición?
R. Sería o ideal, pero foi unha das condicións do BNG. Apoiarémonos en todo, pero sen coaligarnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OCTAVA EDICIÓN
Punxeiro brindó por su vendimia
INFANCIA ENTRE RESPONSABILIDADES
Margarita cumple 102 anos en Pinza tras unha vida de traballo, familia e números
PRODUCTOS GALLEGOS
La bica de Viana do Bolo cruza fronteras y llega hasta Italia
Lo último
TREGUA DE 60 DÍAS
Trump anuncia un alto al fuego energético entre Rusia y Ucrania
SEXTA EDICIÓN
Verín disfruta dos días de "food trucks" y cerveza