Alba Prol y Raúl García, o Camiño faise camiñando
A súa paixón os levou a percorrer catro dos grandes camiños do mundo
Durante algo máis de dous anos Alba Prol e Raúl García dedícaronse a andar. En sentido físico, pero tamén mental. Un exercicio de corpo e alma que, xunguindo as súas paixóns, mochila ás costas e cámara na man, os levou a percorrer catro dos grandes camiños do mundo: o Pacific Crest Trail, o camiño inca a Machu Picchu, o Kumano Kodo e o Camiño de Santiago. O resultado? "O Gran Camiño", un documental que nos fai viaxar dende Xapón aos Andes peruanos, pasando por EE.UU e rematando en Galicia. Unha experiencia inolvidable que convida da vivir o momento, sen escusas. Lembrade: "O Camiño poderá parecer longo, pero máis longo será se non o percorres".
Dise que a camiñata máis longa comeza cun primeiro paso. Cal foi ese paso que vos levou a vós a emprender unha aventura destas dimensións polo mundo?
Alba: Decidimos aunar as nosas dúas grandes paixóns: viaxar e o audiovisual. Raúl e máis eu coñecémonos traballando xuntos e desde as primeiras rodaxes coincidimos con xente tan inspiradora como Adri e Gosi de "Molaviajar", que fixeron das viaxes o seu modo de vivir e eu sempre soñei con facer documentais polo mundo.
Raúl: Aliñáronse os planetas para cumprir o noso soño, pero o proxecto “O Gran Camiño” era unha aventura persoal e nunca pensamos que medraría tanto. É certo que foi un proxecto xa pensado para que tivera recorrido internacional, pero nunca pensamos chegar a tantos festivais de cine e recibir tantos premios, nin estar en salas de cine de toda España despois de estrear en Madrid.
Percorren catro das grandes rutas que supoñen un soño para os máis aventureiros, por que as elixiron?
Raúl: Hai centos de rutas a pé polo mundo pero tiñamos que escoller, entón catalogámolas en tres tipos: rutas naturais, culturais e espirituais. Escollemos unha representativa de cada un destes tipos: o Pacific Crest Trail na Costa Oeste de Estados Unidos, que é unha ruta salvaxe pola natureza, con alta montaña e deserto; o Camiño Inca que conduce ao Machu Pichu e que é sobre todo unha ruta para coñecer a cultura Inca; e o Kumano Kodo que é unha peregrinación no Xapón. O Camiño de Santiago é para nós o punto de partida e o de chegada e une as tres vertentes.
Alba: Os camiños ó final son a excusa para contar historias e para ir ao encontro das persoas que están detrás das rutas. Non nos quixemos centrar só nos lugares e nos paixases senón sobre todo en coñecer á xente que fai estes camiños e a xente que vive entorno a eles.
Ademais, a cada unha delas déronlle un nome dun elemento natural, a que se debe?
Alba: cando vas camiñando estás en conexión coa terra e cos elementos naturais. O chan que pisas é o que te conecta con ela. En cada un dos camiños sentimos que algún elemento natural predominaba sobre os outros. Aínda que é algo subxectivo, é o que nos evoca cada ruta.
Raúl: Si, en Xapón parecía que todo xiraba entorno aos rituais coa auga, as fervenzas…; no Camiño Inca as escaleiras de pedra son interminables; en Estados Unidos camiñar pola área do deserto durante longas xornadas foi moito máis impactante para nós que, por exemplo, as etapas na neve; e para o Camiño de Santiago escollemos o elemento “terra” porque ten ese dobre significado: o chan que pisas e a palabra que designa o lugar no que naces.
O que está claro é que para facer estar rutas, un non pode saír da casa sen planificación, como foi este proceso?
Raúl: Foi moi dícifil. Tivemos que organizar un calendario moi axustado en tempos e traballando xornadas de ata 16 horas diarias. Cada ruta tivémola que plantexar de forma distinta. Levamos equipo de apoio, de produción, drons… pero houbo veces nas que non podíamos contar con eles. No Camiño Inca, por exemplo, non hai posibilidade de ter asistencia por estrada. Por iso os portadores (aos que se coñece como sherpas no Himalaia) convértense no teu equipo de apoio.
Alba: Nesas circunstancias non te podes permitir moitos erros: se unha cámara se estraga ou se acaban as baterías non hai solución. Gravamos todo en calidade cine, en 4K, pero optamos por tratar de levar sempre o equipo máis lixeiro posible porque iso tamén nos permitía non ser invasivos á hora de conectar coa xente e facer entrevistas. Nun documental é tan importante a planificación previa como a rodaxe en si.
Que foi o máis complicado?
Alba: O máis complicado foi o que vivimos todos, a pandemia, o resto é anecdótico. Todo se detivo, tamén a rodaxe do documental. Pero con respecto aos camiños, o máis difícil sen dúbida é o “mal de altura” que sofres no Camiño Inca. Pero paga a pena.
Raúl: Despois do confinamento retomamos a rodaxe e fixemos o Camiño de Santiago case baleiro. Foi unha experiencia moi intensa tanto para nós como para os poucos peregrinos que nos encontramos despois do que acabábamos de vivir.
Falando do Camiño de Santiago, uníusevos un compañeiro moi especial, Limón... contádenos
Alba: Levo toda a vida desexando ter un can e agora que o teño estou cumprindo o soño de facer documentais, polo que rematar este proxecto con el faino aínda máis especial.
Raúl: Foi moi emotivo porque pasamos meses nas outras rutas e tivo que quedar coa nosa familia. Botámolo moito de menos, polo que facer o Camiño de Santiago con el foi moi bonito. Ademais, Limón é un can que adoptamos despois de que fose atopado no Camiño de Santiago, polo que rematar o Camiño con el foi pechar un ciclo.
Neso senso, e sei do que falo, algunha reivindicación para que sexa máis doado facer o Camiño con animais de compañía.
Alba: Por suposto, sempre reivindicamos o dereito dos membros peludos da familia a poder facer unha vida o máis normal posible canda nós. Por exemplo, para os cans, atopámonos con moitísimas limitacións absurdas, como non poder acudir a algúns lugares públicos ao aire libre ou entrar a nalgúns recintos pechados, así como en moitísimos albergues e incluso campings.
Raúl: unha vez entramos nun bar e preguntamos se podíamos pasar con Limón e o responsable do local respondeu: “se os donos están educados, si”. Aplicando esa norma as mascotas deberían poder estar en calquera lugar.
Que se traen de “recordo" desta viaxe tan senlleira como inolvidable?
Alba: Os mellores recordos sempre son as conversas coas persoas coas que te encontras, de todas aprendes algo. E tamén buscamos transmitir a idea de que calquera pode facer un camiño na súa propia terra, sen ter que ir lonxe. Temos lugares fermosos moi preto da nosa casa e camiñar permítete desconectar e atoparte con outra xente, abre a mente e axúdache a respectar ás persoas e á natureza.
Raúl: Dicíanos un señor de setenta e pico anos en Xapón que el facía o camiño para prepararse para a vida. Chocounos moito que dixera que se tiña que preparar sendo xa maior... Pero é así: seguimos camiñando e preparándonos para a vida.
Sen dúbida o camiñar da moito tempo para repasar o vivido e como queres vivir, cal é o balance que fan do que se atoparon?
Raúl: Soa a frase feita, pero seguimos sen aprender a vivir o presente. É fácil dicilo pero moi difícil de levar á práctica.
Alba: Si, en calquera momento ven unha pandemia e os teus plans cambian totalmente. Hai que facer o que a un lle fai feliz en cada momento, non esperar nin poñerse escusas ou facer o que a sociedade espera de ti se non é o que desexas.
Nombre
Raúl García Pérez
Lugar e data de nacemento
A Bola, Ourense. 03/09/1979
Formación e profesión
Licenciado en Comunicación Audiovisual (UdC), Diploma Estudos Avanzados en Ciencias da Información (UdC), Máster de Profesorado (UVigo). Director, productor e guionista, e profesor de Comunicación Audiovisual na USC.
COA VENIA
1. Unha película.
- "El Golpe" (1973).
2. Un director/a.
- George Roy Hill.
3. Unha serie.
- "Chernobyl" (2019).
4. Un actor/actriz.
- Eddie Redmayne.
5. Un recordo da súa nenez.
- As noites de verán en Cobas (A Bola) xogando ao escondite sen luz pública.
6. Un lugar para perderse.
- Cuba.
7. Unha viaxe pendente.
- África central.
8. Cando se mira ao espello, ve...
- Unha persoa que precisa máis tempo para facer todo o que quere facer.
9. Perde a calma...
- Cando non me da tempo a cumplir os prazos que me marco nos proxectos.
10. Recobra a calma...
- Ao saír a pasear ao meu can Limón.
11. Un vicio confesable.
- Viaxar
12. Un soño.
- Aprender a vivir o presente.
Nombre
Alba Prol Cid
Lugar e data de nacemento
Maceda, Ourense. 26/04/1987
Formación e profesión
Licenciada en Comunicación Audiovisual (USC), Máster en Medios de Comunicación especializado en cine documental (UWE, Bristol, Inglaterra), Máster de Profesorado (UVigo). Directora e produtora audiovisual, presentadora e reporteira.
COA VENIA
1. Unha película.
- "Cafarnaúm" (2018).
2. Un director/a.
- Nadine Labaki
3. Unha serie.
- A última que vin foi "Peaky Blinders".
4. Un actor/actriz.
- Lupita Nyong'o.
5. Un recordo da súa nenez.
- As tardes infinitas na Praia das Pipas (O Grove) con toda a familia de Maceda e a casa da señora María.
6. Un lugar para perderse.
- Cuba.
7. Unha viaxe pendente.
- Madagascar.
8. Cando se mira ao espello, ve.
- A mesma Alba cun montón de preguntas aínda por responder, soñadora e con ganas de facer mil cousas.
9. Perde a calma...
- Coa xente borde e malencarada.
10. Recobra a calma...
- Con de deporte e natureza.
11. Un vicio confesable.
- O meu can Limón.
12. Un soño.
- Vivir de facer documentais
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NEGOCIOS EN LA CIUDAD
Kineos Fisioterapia apuesta por la fisioterapia integral con larga experiencia
NEGOCIOS EN LA CIUDAD
Bar Orellas: setenta años y tres generaciones de sabor y tradición ourensana
Lo último
TRADICIÓN E GASTRONOMÍA
As fabas toman o Claustro de San Salvador de Celanova
GASTRONOMÍA Y HOMENAJE
Festa da Vitela con ecos de Entrudio en O Bolo
Lalo Pavón
O AFIADOR
Os centinelas da ética