Antón Diéguez, la aventura de ser scout
EN CONFIANZA
Falar de scouts parece algo moi norteaméricano, pero é un movemento espallado por todo o mundo que en Ourense tamén ten a súa representación. Trátase do grupo Scout Ilex 695 que, a través de propostas de lecer e catro campamentos anuais, buscan que os máis mozos poidan explorar, desenrolar habilidades de liderado e traballo en equipo máis aló dos móbiles. Unirse a eles é unha aventura coa que saen gañando en moitos aspectos da vida, ademais de acabar formando unha familia que sempre está presente. Antón Moncho Diéguez, un dos scouters do grupo ourensán, detállanos máis do movemento.
Pregunta.Que son os Scout?
Respuesta.Os scouts son un movemento mundial moi grande que, a través dunha misión e valores conxuntos, busca educar a rapaces e rapazas para construír un mundo mellor, que é o noso lema, e deixalo mellor do que o atopamos.
P.Como se leva a cabo tal misión?
R.Con experiencias prácticas axudámolos a prepararse para tomar decisións, superar desafíos e vivir os valores de servizo e responsabilidade no seu día a día. Queremos que exploren, desenrolen habilidades de liderato e traballo en equipo. Que medren cun pensamento crítico, que sexan capaces de vivir por si mesmos. Empregamos un programa educativo basado na acción e na propia experiencia, na asunción paulatina de responsabilidades, na participación no proceso da toma de decisións… en pequenos grupos e en contacto coa natureza.
P.Son aspectos que van máis alá dos propios Scouts.
R.Son aprendizaxes que consideramos que non só marcan a súa experiencia no Movemento Scout en si, senón tamén que lle aportan ferramentas moi valiosas para a vida.
P.Que destacaría do movemento?
R.A maiores da propia educación, destacaría que os compoñentes dos scouts acaban sendo unha familia máis para nós. Creáse un sentimento de pertenza e uns vínculos moi grandes entre todos os integrantes do grupo.
P.En Ourense están de aniversario, xa que este ano cumpren dez anos desde a súa creación -no 2015- na cidade. Fálenos da evolución nestes anos.
R.O noso grupo formouse porque non había unha comunidade Scout laica en Ourense. Hai dúas asociacións grandes dentro do movemento Scout en España: MSC, Movemento Scout Católico, que xa había un en Ourense, e a Asociación Scouts de España, que na cidade non tiña representación. Así, decidiron xuntarse ao redor de seis persoas doutros grupos e fundar os Scout Ilex 695.
P.Dende entón, a día de hoxe, que cambios teñen experimentado?
R.Comezou sendo un grupo moi pequeño, que medrou rápidamente, chegando a ser 60 nenos e nenas. Algúns, co paso do tempo, como é o meu caso, acabaron quedando e agora somos scouters, formando a maior parte do equipo actual. Por outra banda, esa cifra tan alta da que estamos tan orgullosos, foi decrecendo e agora non somos moitos. Unha situación que nos gustaría revertir. Tamén evolucionamos moito na forma de educar e estamos sempre reinventandonos para adaptarnos tanto ás nenas e nenos como á situación do grupo e dos scouters.
P.A quen van dirixidas as vosas actividades?
R.Son grupos abertos a nenos e mozos de entre 6 a 21 anos, e cada scouter e actividade está adaptada ás necesidades de cada idade. Así temos os grupos denominados “Castores”, de 6 a 8 anos; “Lobatos”, de 8 a 11 anos; “Scouts”, de 11 a 14 anos; “Escultas”, de 14 a 17 anos, “Rovers” de 17 a 21 anos, e os “Scouters”, que somos as persoas voluntarias e educadoras, a partir de 21 anos.
P.Que é preciso para ser Scouter?
R.Temos que ter motivación, ganas de aprender, de ensinar e uns valores acordes ao que defenden os scouts. E, a partir de aí, ímonos formando para poder darlle a mellor experiencia e educación. Imos sumando novas ideas, escoitanto as súas demandas, e facendo todo o posible para que se sinten parte dun grupo.
P.Que teñen en común aqueles que deciden formar parte dos Scouts?
R.Ser aventureiros! (risas) Con gañas de descubrir cousas novas e moita motivación.
P.Xa entrando na vosa programación, detállenos algunhas das propostas.
R.Traballamos durante tres sábados ao mes durante o curso escolar e, a maiores, facemos catro campamentos nos que levamos a rapaces alén da provincia. As actividades dos sábados están programadas polos scouts, pero sempre escoitando aos participantes para atopar os seus puntos de interese e facer que desfruten da experiencia. Traballamos certas áreas marcadas polo movemento Scout como todo aquelo que se desenvolve na natureza, con respeto hacia ela e, ante todo, aprender facendo. Aprender xogando.
P.Nese sendo, o coidado do Medio Ambiente é un dos alicerces dos Scouts.
R.O noso espacio fundamental das actividades é o entorno natural e o Medio Ambiente, xa que entendemos que a formación e información en materia medioambiental e sosteñibilidade son prioritarias para a creación dunha conciencia crítica e responsable na cidadanía.
P.Esa conexión co entorno natural, desde o meu punto de vista, é esencial.
R.Totalmente. Cada vez se vai perdendo máis a relación que había coa natureza. Ese contacto, coñecer árbores, prantas, paxaros… son en moitos casos totalmente alleos. Ata se sorpenden dos ceos nocturnos estrelados. Son valores e momentos únicos cos que nos agasalla a natureza e que comezan a ser case descoñecidos para a rapazada de hoxe en día.
P.Seguindo coas actividades…
R.Temos actividades especiais marcadas polo calendario, como o Magosto, o Entroido, San Xoán… e catro campamentos que levamos a cabo en diferentes puntos de Galicia. Aproveitamos estas actividades para coñecer mellor á rapazada e incluso ás suas familias, pois queremos ser un espazo seguro para todas e transmitir confianza.
P.Eses campamentos son toda unha experiencia.
R.Son dos momentos máis destacados, xa que son días de convivencia cos compañeiros, ao aire libre. Neles poñemos en marcha actividades pouco comúns para a rapazada, sobre todo aquela que vive nas cidades. Buscando programas atraíntes e novedosas, desde a construcción de cabanas, aprender a facer lume, facer unha atalaia, rutas, cociña… Son dos momentos máis destacados, xa que son días de convivencia cos compañeiros, ao aire libre. Neles poñemos en marcha actividades pouco comúns para a rapazada, sobre todo aquela que vive nas cidades. Desde a construcción de cabanas, aprender a facer lume, facer unha atalaia, rutas, cociña…
P.Con todo isto, que cree que é o que máis lle gusta aos rapaces participantes?
R.A convivencia e o sentimento de independencia, sen dúbida. Son momentos únicos e experiencias que sei que cando sexan maiores gardarán entre os seus mellores recordos.
P.E todo lonxe das pantallas. Un tema que tanta controversia xera.
R.Totalmente. É unha forma de divertirse, de estar ao aire libre, potenciar a imaxinación, o compañeirismo, ter unha vida activa… e todo é posible sen unha pantalla diante.
P.Porque cre necesario que hoxe en día existan entidades como a súa?
R.É importante ter unha educación informal e diferente á que se fai nos colexios. Unha educación máis para a vida, para o día a día, máis alá dos estudios que obviamente son esenciais. Pero tamén é preciso aprender a ser máis independiente, ter unha formación do carácter, desenrolar unha sensibilidade, enriquecerse como persoas…
P.Ser scouter, a nivel persoal, que lle aporta?
R.Traballamos moito, pero é compensado con medras pola satisfacción de sentir que estou facendo que os rapaces vivan o que eu vivín no seu momento como scout. E, despois, entre os educadores, formamos unha gran piña cun fin común: ver á rapazada gozar das actividades mentres aprenden e comprobar como van evolucionando e gañando en moitos aspectos das súas vidas.
P.Neste décimo aniversario mudan de sede.
R.Si, para o mes de decembro comezaremos nova etapa na avenida de Zamora, 47, o que nos vai permitir aforar en aluguer que sempre ven ben, sobre todo agora que non temos tantos scouts con nós.
P.A que cree que se debe ese baixón no número de scouts?
R.Penso que hai un motivo principal: a pouca visibilidade que temos, xa que moita xente non sabe da nosa existencia. E ese descoñecemento leva a que a xente non queira meterse en algo do que non sabe nada.
P.Temos que rematar a entrevista conseguindo máis scouts! Anime a que se acheguen, informen e formen parte da súa familia.
R.Primeiro, que descubran as actividades que se fan e como é a vida scout. Xogar moito, aprender moito, facer cousas cun fin común, aprender habilidades, capacidade de liderato… cousas que se poden ver e levar a cabo. Ser resolutivos. E, aínda que me repita, a gran familia que se forma da convivencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense