EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Por marcar unha data no calendario da historia da gasosa, podemos remontarnos ao século XVIII, momento no que se descobre a auga carbonatada. Primeiro como auga mineral, e logo como un produto de laboratorio. No ano 1832, o estadounidense John Matthews inventou unha máquina para mesturar auga con dióxido de carbono e saborizantes. Foi nese momento no que se comezou o pulo da producción comercial, o coñecido como “fontes de soda”, que era auga carbonatada con sabores.
Achegándonos a nosa terra, a industria da gasosa aparece documentada por primeira vez no diario “Eco de Ourense”, en 1883, momento no que un empresario local mercou unha máquina embotelladora de gasosas enchendo da bebida carbonatada estantes de bares e mesas familiares e dando pé a unha etapa de florecemento neste sector.
Un 28 de xaneiro de 1945, creouse en Sandiás Gaseosas Berardo Méndez, unha empresa familiar que puxo no eido da auga carbonatada o seu porvir. Unha empresa que rescatou do esquecemento o neto do fundador da marca, Javier Feijoo, que, a través do Padroado do Museo da Limia e do seu coordinador, Xosé Antón Jardón Dacal, comezou a tirar dun fío que o levou a sumerxirse na importancia que tivo o mundo da burbulla durante anos, ademais de descubrir parte da súa historia máis familiar.
Unha pequena nota que para a súa elaboración “comecei indagando no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, onde descubrín, por exemplo, a data exacta do comezo da actividade da empresa”. Unha anotación que o levou a querer saber máis, e na que seguíu afondando en máis arquivos (Arquivo da Delegación Provincial da Conselleria de Economía e Industria, Arquivo da Xefatura Provincial de Tráfico) á vez que ía descubrindo particularidades e curiosidades que xiran ao redor da gasosa.
Non compre esquecer que houbo un tempo no que a gasosa, para poder estar tan presente nas mesas dos veciños e en cada festa, facilitou a creación de centos de empresas familiares por todos os recunchos. Case se podería decir que calquera concello de pequena importancia, dispuña, cando menos, dunha pequena fábrica de gasosas que se elaboraba de xeito semiartesanal. “Nos 60, no concello de Sandiás, había dúas empresas, Gaseosas Ledo en Piñeira de Arcos e a do meu avó; dúas no concello de Xinzo, Primo Ramos e Benito Rodríguez; unha no concello dos Blancos, BarrioTero… No 1962, o dato máis fiable que teño, é de 97 fábricas de gasosas en Ourense, 400 en Galicia”.
Trátabase dun traballo semiartesanal. “Falamos da postguerra ata os anos 70. As botellas levábanse en caixas de madeira con arame que facían eles mesmos; o enchido e o taponado, era case semiartesán; lavar as botellas a mán, ordear e clasificar, facelo reparto por estradas que estaban no estado que estaban para chegar ao último recuncho que puideras, tiñas que arranxar a maquinaria e os camións, etc.… Era un traballo moi diverso e bastante duro”.
Poucos produtos tiveron tanto éxito como a gasosa. “Era barata de producir e chegaba a todas partes”. Unha producción tan sinxela “que partía de ter unha fonte, pozo ou manantial de auga, unha máquina saturadora que cun compresor saturaba a auga de gas carbónico e sacarina. A partir de aí xa chegaba o momento de envasado e a distribución”.
Co envasado podemos romantizar en certo modo e afondar nas típicas imaxes de mesas rodeadas de familias que celebraban coa mellor das súas sorrisas un evento no que non fallaba a icónica botella que hoxe en día é, en moitos casos, peza de coleccionista.
Unha distribución que tamén supuxo unha pequena revolución tecnolóxica no rural da postguerra xa que, “á maquinaria unianse os primeiros camións que se puideron ver transitando de parroquia en parroquia que eran os de distribución de gasosa”.
Así foi como o que comezou cunha breve nota para o envase cedido/doado, continuou cunha xornada de tributo á gasosa, a bebida de todos/as, e un acto público no Museo da Limia polos 80 anos de Gaseosas Berardo Méndez, un artigo para La Región e un próximo estudio que verá a luz nunha publicación da revista ¨Lethes. Cadernos Culturais do Limia¨.
Ata entón, e, aínda que o consumo non é o boom que era, “cantos non seguen tomando a cervexa con gasosa ou agregándolle algunha ao viño?” E hoxe, domingo, que mellor que unha boa ración de pulpo cun viño con gasosa?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último