As mil caras de Chechu Salgado
ENTREVISTA
El é Chechu Salgado, unha cara moza que puidemos ver en series como "Fariña", "Serramoura", "Servir y proteger" e, a súa última aparición, en "Patria" amosando todo o seu talento e versatilidade. E para o 2021 verémolo na longametraxe "Las leyes de la frontera", de Daniel Monzón
Di que se non fora actor, sería cometista profesional. E nós, perderíamos a un grande da interpretación con moito futuro que xa conta cun longo pasado no eido audiovisual. Pisou as táboas dos escenario teatrais con diferentes pezas, acadando un Premio Buero Vallejo de Teatro Joven pola súa interpretación en "Don Juan”, con Teatro Tarumba. El é Chechu Salgado, unha cara moza que puidemos ver en series como "Fariña", "Serramoura", "Servir y proteger" e, a súa última aparición, en "Patria" amosando todo o seu talento e versatilidade. E para o 2021 verémolo na longametraxe "Las leyes de la frontera", de Daniel Monzón.
O último traballo onde o puidemos ver foi na serie “Patria”, baseada no libro do homónimo de Fernando Aramburo, fálenos dese papel.
Dou vida a Paxto, un mozo de orixe galega, fillo dunha familia obreira, que simpatiza coa ideoloxía socialista e empeza na Kale Borroka para acabar formando parte de ETA, ao igual que moitos outros emigrandes doutras comunidades. É unha personaxe poliédrica, con moitas caras que xira en torno á trama principal: o atentado contra Txato.
Que significou para vostede a rodaxe de “Patria”?
Foi unha gran oportunidade poder traballar con xente cunha destacada traxectoria no panorama audiovisual, ademais, que contasen conmigo para a primeira producción de HBO España, supón un importante puxón profesional para o meu curriculum.
No eido persoal, foi unha vivenza moi enriquecedora e axudoume a coñecer moito máis o conficto e a realidade do País Vasco nun momento concreto e a pegada que deixou no pobo vasco.
Pero antes de chegar a “Patria”, xa acumulaba unha axenda completa de aparicións na pequena pantalla. Cóntenos, hai algún personaxe que lle gustase especialmente?
Con todos te acabas identificando en algún momento para poder facer unha boa interpretación. Con todos sentes algo especial.
En “Serramoura”, con Román, a miña personaxe, medrei e aprendín. Con “Fariña” chegou a oportunidade de darme a coñecer a nivel nacional e interpretei a Javi Bustelo, un personaxe que me encanta. En “Servir y proteger”, foi unha experiencia nova, tendo que rodar a diario cun horario, e Ramón Rojo, foi unha ocasión magnífica para dar vida a un antagonista. E chegou Patxo, que foi un gustazo realizado. No medio aparicións en series como “Madres” ou “Desaparecidos”, e de todos e cada un gardo recordos e todos me aportaron a nivel persoal e profesional.
Normalmente non nos imaxinamos como é unha xornada de traballo para un actor. Cóntenos vostede, de primeira man, como transcorre.
É un día moi intenso que comeza, ou ben moi moi cedo, ou ben moi tarde, o que quere decir que vas pasar a noite de rodaxe. Son xornadas de moitas horas, moi longas, nas que ao actor tócalle esperar o momento para saír a actuar. Neses tempos de espera tes que estar tranquilo, relaxado e concentrado. Se é en plató pode ir un chisco máis rápido. No exterior hai mil e un factores alleos que poden ralentizar todo.
Pero antes diso...
Moitas horas de lectura, análise, de interiorizar o guión, e de darte resposta a todas esas preguntas que xurden segundo o vas lendo. Ensaiar e memorizar. Dedicación, e horas e horas ata que das coa clave para dar forma á personaxe a que lle tes que dar vida.
E antes, nese momento do casting no que tes que competir con ducias de compañeiros por un papel.
Os castings presencias gústanme moito. Preparar unha secuencia previamente na casa e chegar e traballar "in situ" co director ten un valor engadido e permíteche avanzar o que poder facer, demostrar o que vales. E eso motiva. Tamén é verdade que se sinten moitos nervios, e hai que facer un traballo de control. Recordo que a primeira vez nin durmín. Agora xa vou controlando ese nerviosismo. Últimamente estánse facendo moitas “self tape”, unha especie de auto-casting a distancia que permite aos directores facer unha primeira selección sen necesidade de organizar un casting, pero para mín non é o mesmo. Acábase perdendo moito do que podes dar de ti.
Qué diría que é o máis pracenteiro de ser actor?
Todo o que implica actuar. Dende a lectura do texto ata o traballo para crear unha personaxe. A empatía que che fai sentir para situarte no mundo, axudarche a entender as cousas importantes da vida, e a indagar nos recovecos da alma humana. Ser actor axudoume a buscarme e atoparme, a dar un pouco máis coa miña identidade e saber un pouco mellor quen son eu, e quen son as persoas que xiran ao meu arredor.
Que sería Chechu Salgado se non fose actor?
O outro día lín que 200 cometistas profesionais de oito países diferentes ían voar as súas cometas xuntos. Nese intre decidín que en vez de adicarme á docencia ou á pedagoxía, que era o meu Plan B, prefería ser cometista profesional e adicarme a voar comentas.
Como se ve en dez anos?
Cústame verme mañá… con eso dígocho todo (risas). Non sei… espero que feliz, traballando no que me gusta, sendo actor.
O talento vai parello ao esforzo?
Sen dúbida van os dous da man. Tendo talento, fai falta estar no sitio axeitado, ter a oportunidade, aprender no set de rodaxe, e traballar moito para profesionalizarte e poder seguir medrando.
Teño entendido que tamén lle gusta a música.
Digamos que “batuxo” coa música e cos instrumentos, en parte gracias a que teño moitos amigos músicos e ningún de nós ten reparo en saír a tocar, bailar e pásalo ben. Gústame esa capacidade de xogo que ofrece, e na cuarentena déuseme por darlle un chisco máis á armónica.
E actores, en Galicia hai moitos e moi bos. É tamén esta terra boa para agromen actores?
A verdade é que si. É un sitio no que te podes formar tanto nas aulas de teatro universitario, coma na Escola Superior de Arte Dramática, Esad, que teñen un nivel altísimo. E dende Galicia… para o mundo.
Tamén se lle da ben a Galicia ser escenario para producións audiovisuais.
Nestes últimos anos Galicia está sendo un lugar que está atraendo moitas rodaxes o que fai que sexa unha forma de dala a coñecer e promocionala. A nivel non só nacional, senón tamén internacional gracias ao catálogo que ofrecen as plataformas.
O sector do audiovisual en concreto, e da cultura, en xeral, leva meses sufrindo e lanzando unha chamada de auxilio ante a pandemia. Que medidas cree que son necesarias para reactivalo?
A cultura é segura e a xente ten que sentirse segura xa que se seguen as medidas de hixiene e control estipuladas para que non haxa problemas. Espero que as institucións e os propios consumidores a apoien, porque é un sector que, verdadeiramente, sempre está en crise.
Onde veremos próximamente a Chechu Salgado?
Teño pendente de estrea, para setembro, do filme “Las leyes de la frontera”, de Daniel Monzón. Trátase da historia dun triángulo amoroso ambientada a finais dos anos 70, neses anos entre o final do franquismo e comezos da democracia. Un retrato “quinqui” da Transición na que interpreto un deses vértices que dan lugar a unha historia chea de amor, rebeldía e música.
E anda metido en algún novo proxecto?
No do descanso en Ourense (risas). Levo un ano e pico moi moi intenso, incluso coa pandemia foi estresante, pendentes de rodaxes, estreos… e preciso un pouco de calma. E logo volta ao traballo.
Como vai dar carpetazo a este 2020?
Tranquilamente. Para o ano fárase festa, baile, haberá apertas, beixos e moito que celebrar. Esperemos.
Coa venia
1. Un directo/a.
- Tito Asorey.
2. Un actor/actriz.
- Brendan Gleeson.
3. Unha serie.
- Acabo de ver “Gambito de dama”, que me encantou.
4. Unha película.
- “Canino”, de Yorgos Lanthimos.
5. Cando se mira ao espello, ve...
- Dúbidas.
6. Un recordo da súa nenez.
- Os veráns en Sober.
7. Unha manía.
- Vestirme na mesma orde durante toda a rodaxe cando interpreto a miña personaxe: camisa, pantalón, zapato esquerdo, zapato dereito...
8. Unha virtude.
- Que a diga outro (risas).
9. Un defecto.
- Moitos… por decir un, a impulsividade.
10. Brindaría por...
- A música.
11. Un lugar para perderse.
- Os Chancís, na Ribeira Sacra.
12. Unha viaxe pendente.
- Latinoamérica.
13. Un vicio confesable.
- O tabaco.
14. Perde a calma con...
- A falta de empatía.
15. Recobra a calma perdida con...
- Vendo cine, escoitando música e falando con amigos.
16. Un desexo para o 2021.
- Que sexa un bo ano de traballo para todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?