Silvia Baranda, entre racións de pulpo e actividade política
EN CONFIANZA
Bisneta, neta e filla de pulpeiros de Arcos Silvia Baranda coñece ben os segredos dun bo pulpo, como non podía ser menos. Tanto é así que a ten servido por media España, e tamén alén das nosas fronteiras, as súas racións de pulpo converténdose nunha gran embaixadora do Carballiño, e da provincia en xeral, non só só no ámbito gastronómico, senón tamén patrimonial, natural e cultural. Paralelamente, entre feiras e eventos como pulpeira, exerce como concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Vivenda na vila do Arenteiro. E aínda que as horas do día se lle quedan escasas, logra conxugar ambos mundos e ser querida e requerida.
Pregunta.Pulpeira e concelleira. Que foi antes?
Respuesta.O de pulpeira, por suposto! Son bisneta, neta e filla de pulpeiros e non podía ser doutra maneira. Eu nacín en Róterdam, filla da emigración. Na casa eran sete irmáns, e co oficio de pulpeiro era difícil criar a todos, así que os fillos dos meus avós marcharon polo mundo na búsqueda dun futuro. Os meus pais foron para os Países Baixos, lugar onde nacín.
P.Pero deseguida voltaron a súa terra.
R.Si, sendo eu moi cativa. Teño recordos de que sendo ben pequeniña xa acompañaba aos meus avós e aos meus pais nas feiras. De cativos, todos os que somos de Arcos queríamos ir a todo evento que había para axudar, aínda que enredábamos máis que traballábamos… (risas). Despois, cando te facías máis mociña, a cousa xa mudaba. Só tiñamos excusas para escapar de ir cocer o pulpo coa familia.
P.Con todo, vostede comezou de ben noviña a traballar.
R.Con 19 anos. Levo xa case 30 anos de oficio facendo feiras e eventos.
P.Entón saberá ben o segredo do pulpo de Arcos.
R.Sei. E é algo que nos seguen a preguntar moito. E sempre digo o mesmo, ademais dunha boa materia prima, controlar o tempo de cocción. Tampouco é o mesmo cocer 50 quilos que unha soa peza.
P.Cales son os lugares onde nunca falla?
R.Na feira de Carballiño, por suposto, así como na Festa do Pulpo e na elaboración da Tapa xigante que xa se converteu nun atractivo gastronómico e turístico máis. Despois teño estado en Barcelona, Madrid, País Vasco… en feiras gastronómicas e eventos privados.
P.Con tanta viaxe exercerá de boa embaixadora da nosa terra. Aínda lle preguntan moito a que se debe que O Carballiño, de interior, teña o pulpo máis famoso do mundo?
R.Pois si. A xente de por aquí xa o sabe, pero das nosas fronteiras para alá, aínda conto ben veces a historia de como chegou o pulpo a esta zona como consecuencia do tributo que os pescadores da vila mariñeira de Marín pagaban aos monxes de Oseira, cuxo dominio por mar chegaba ata a ría de Pontevedra. Os arrieiros transportaban o pulpo da costa ata o mosteiro, onde os monxes o comercializaban e difundían, sendo en Arcos onde máis arraigo tivo.
R.Empregaban como pago o pulpo en seco, que se podía almacenar e, ademais, era unha especie pouco valorada. Os monxes, ao recibir unha cantidade superior á que podían consumir, repartíana entre os veciños para o seu alimento.
P.Tamén xa terá aos seus máis fieis comensais.
R.Si, hai xente que nunca falla. Xente aos que lles teño visto medrar os fillos e incluso nacer netos. E nos lugares aos que vou de ano en ano, si que se lembran de mín e me felicitan polo bo que está o pulpo. Eso sempre enche de satisfacción. E entre todos eles, hai algúns que se converteron en amigos, pero amigos dos de verdade.
P.Que me di da relación cos outros pulpeiros?
R.Sempre tivo fama de ser complicada. Pero, no meu caso e actualmente, penso que todos nos axudamos no que cumpra. E se nos podemos botar unha man, non o dubidamos.
P.A vida de pulpeira agocha moito traballo.
R.E tanto. Desde a elección da materia prima ata o día da feira ou evento no que hai que cargar os coches -dependendo tamén se imos estar varios días por aí fóra- descargar, montar todo, cocer, picar, servir, a veces recoller a correr porque ao día seguinte tes un novo destino e chegas as tantas da mañá para erguerte novamente ás 07,00 para arrancar. Así é a nosa vida.
P.E tamén terá mil e unha anécdotas. Algunha que nos poida desvelar?
R.Moreas delas. Unha que se me ven á cabeza e que durante anos vendíalle pulpo cada domingo a unha parella que paraba na Cañiza. Moi simpáticos eles sempre me decían “Silvia, queda pulpo?”. Aos dous anos enterome que era o secretario xeral para o Deporte de Galicia tras asumir a presidencia do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete. E destas cousas que, no momento non te das conta, e resulta que é alguén coñecido!
R.Noutra ocasión pasou cunha inauguración dunha tenda da que eu me fixen á idea de que era en Nigrán. Así que alá fomos con todo o equipo para cocer pulpo. Unha vez alí non localizaba á persoa de contacto, e cando chamo por teléfono… non era en Nigrán, era en Ourense! Así que recolle a todo correr, tira para Ourense e ponte a cocer! Son destas cousas simpáticas que che ocorren e quedan gravadas. Bueno, simpática agora, que naquel momento non me fixo gracia ningunha! (risas).
P.Paralelamente temos o seu traballo como concelleira. Cóntenos.
R.Na actualidade asumo as competencias de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Vivenda do Carballiño. As veces á complicado chegar a todo e parece que me faltan horas no día, pero facendo equilibrios podo seguir traballando como pulpeira e atendendo todas as demandas que me chegan ao concello para cumprir as miñas funcións.
P.Sendo concelleira e coñecida na zona, chéganlle moitas peticións entre ración e ración?
R.(Risas). Unhas cantas! “Xa que estamos”. Pero a mín gustame escoitar, e falar coa xente. Moitas veces digo que poño o posto ambulante do concello co de pulpeira, así que son moitos os que veñen a preguntarme, consultarme ou pedir algunha cousa. Pero son consciente de que é o meu traballo e sempre estou aí para a xente.
P.Contáronme certas fontes que un dos seus proxectos de futuro pasa polo Santiago Bernabéu.
R.Tes boas fontes! (risas) É certo. De cara a apertura do novo Santiago Bernábeu, que promete ser todo un icono, entre as súas instalación está a apertura dun restaurante do que me encargaron que eu fose a responsable. Todo un reto que afronto con moita ilusión e ganas, e que, co AVE creo que me facilitará poder compaxinar todo.
P.Un bo sitio desde o que presumir da súa terra.
R.Sen dúbida o farei. Son consciente de que todo aquel que vai a Madrid -ou case todos- pasa polo Santiago Bernábeu, e tendo un restaurante onde se sirve o pulpo de Carballiño, é unha oportunidade para falar do Carballiño, da súa comarca e da provincia de Ourense en xeral. Todo o que sexa falar da miña terra, eu encantada.
P.Hoxe, domingo, tocará pulpo.
R.Sen dúbida é un bo día para compartir unha boa ración cos amigos e a familia.
P.E, deseguida, xa temos a Festa do Pulpo.
R.O segundo domingo de agosto, o día 10. Estarei traballando tanto na elaboración da tapa xigante como o propio día da festa. Son días moi intensos, pero tamén emocionantes e de moita satisfacción ao ver como hai tanta xente gozando do pulpo e dos moitos recursos que ten a vila E tamén a importante repercusión que ten a nivel nacional e internacional a través dos medios de comunicación que fai que se nos sitúe no mapa e nos converta nun bo lugar onde facer unha escapada de lecer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A PARTIR DEL 26
“CarbaNadal”, parque de atracciones navideño en O Carballiño
Jorge Vázquez
SENDA 001
Dejar de mirar el reloj para empezar a mirar el horizonte
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas