Julio Fernández, artesán e gaiteiro
En portada
Julio Fernández leva oito anos adicándose á elaboración tradicional de gaitas, un traballo que realiza artesanalmente dende o seu taller en Quintela de Leirado, onde leva establecido dende fai cinco anos. De alí saen gaitas para diferentes puntos da nosa xeografía e máis alá, aínda que antes da elaboración sempre ten que haber unha conversa co músico, un achegamento que lle poña alma á gaita. Despois só que tocar, e xa se sabe… “onde hai música galega, hai alegría”.
Comezou no deseño gráfico, que o levou a facer o salto á elaboración de gaitas?
A historia ten varias fases… Eu estudiei química, que non me acabou de gustar, e paseime a informática. Pero ao mesmo tempo comecei a traballar en artes gráficas, en fotomecánica concretamente. E neso andiven máis de 25 anos ata fai unhos oito. O que pasa é que eu daba clases na Escola de Artes e Oficios en Vigo onde propuxemos abrir unhas asignaturas para serigrafía e encadernación e tratamento dixital e deseño gráfico para facer deseños de portada. Alí tamén daban clase de construcción de instrumentos, e como eu xa era gaiteiro dende facía anos, apunteime para facer unha gaita para mín.
E o que comezou como algo persoal, acabou por converterse na súa profesión.
Sempre tivera esa inquedanza. Meu avó e meu pai eran carpinteiros, así que algo de unión co mundo da madeira xa o levaba no sangue. O que non tiña era base de construcción de instrumentos.
E o resultado foi bo, que aquí o temos oito anos despois.
A verdade é que comezou dándoseme ben. Os compañeiros gaiteiros animaronme, e pouco a pouco foron saíndome traballos. Así que decidín deixar de lado as artes gráficas e por en marcha o meu obrador. O primeiro que tiven foi en Beluso, Bueu, e fai cinco anos volvín para Quintela de Leirado, onde teño as miñas raíces.
O material que emprega para a construcción das gaitas, entendo que é diferente a aquela coa que traballaron os seus antepasados, pero, conserva parte del a modo de legado?
Teño algunhas ferramentas do meu pai, pero son de carpinteiro carpinteiro. Pero si as teño a modo de exposición.
Como é o proceso de elaboración dunha gaita?
Para comezar depende do que busque o cliente. A partir de aí vaise conducindo. O que quere unha gaita típica galega ten que facela de buxo, a mellor madeira que temos. Pero o problema deste material é que hai que córtalo nunha época do ano determinada, xaneiro, e con lúa menguante.
Nesto teño que interromper… en xaneiro e en menguante?
Din que é a mellor, si. Hai que aprender dos nosos ancestros. É teño que confirmar que é unha das cousas que se nota moito. Se cortas un buxo fóra da época, non ven un buxo limpo, ven manchado, porque a savia da árbore está arriba.
Satisfeita esta curiosidade miña, pode continuar…
(Risas) O buxo é a madeira que máis dureza ten, co cal tamén é menos porosa. Outra das madeiras que responde moi ben, tanto en verán como en inverno, é o granadillo, unha árbore que ven de fora. Persoalmente, quedo co granadillo, xa que é unha madeira moi estable e aguanta moi ben os cambios de tempo. A maioría das gaitas negras que se ven son desa madeira. Cortase en tacos rectagulares, cilindranse para poder collelos ben no torno e, a continuación, faiselle un furado interior dependendo de cada peza. Según a cantidade de roncos que leve, conta con máis ou menos pezas. Digamos que o primeiro proceso e elaborar o interior. Despois toca calibrar o punteiro, que é particular de cada artesán. Unha vez acabado esto, ven a parte de decoración, que xa é personalizado. Dende a gravación de iniciais a cor do vestido…
Cal é o punto máis delicado da súa elaboración e que determina un bo ou malo resultado?
O son punteiro. Podes ter unha gaita fermosa e que non soe ben. E logo a palleta, por suposto.
Cada artesán ten o seu selo, hai algunha característica que o defina?
A voz de pronto, diriache que non. Non hai tanta diferencia na elaboración entre unha gaita e outra, pero si que cada taller ou artesán ten o seu son propio.
Os seus traballos son todos de encarga ou tamén acode a feiras e eventos de artesanía?
Todo por encargo. A única feira á que ía era a de Pardiñas. Vou polo feito por xuntarme co resto dos artesáns en activo, intercambiar opinión, convivir, comentar novidades…
Cóntanse os “segredos” da elaboración dos instrumentos?
A verdade é que se nos podemos axudar, fácemolo. Non somos un gremio cerrado, e entre os que pertencemos a un pequeno grupo reunímonos, comentamos novos proveedores, se algún inventa unha nova ferramenta ou truquiño compartímolo para facilitar o traballo… en definitiva, pasámolo ben!
Non hai dura competencia entón.
Non, temos moi bo rollo e incluso se un non pode atender un pedido, pasamos o contacto dun compañeiro.
Como se da vostede a a coñecer?
Mal (risas). Despois de tanto tempo traballando en artes gráficas, paso de redes sociais… e iso que os meus compañeiros me botan a bronca. Debería moverme máis na Internet. Así que no meu caso o que mellor me funciona é o boca a boca.
Tampouco é que lle sobre o tempo… porque como músico tampouco para.
A verdade é que non. Toco na Banda de Gaitas de Bueu, toquei na zona de Cangas e con xente do Morrazo, na Banda de Gaitas de Celanova, na Solpor tamén da vila de San Rosendo… e con todo este mundo musical no que me movo, ese boca a boca do que falamos tamén serve para que teña encargas.
É complicado vivir da elaboración de gaitas?
Eu voume apañando. Ao principio costaba máis e tiña que compatibilizar, pero agora mesmo si que me adico só a esto. Aínda que non estamos no mellor momento pola subida de prezos e esta crisis xeral que a todos nos afecta. Pero sobrevivín a pandemia… así que… Hai que capear os momentos máis e menos bos.
Unha vez rematada unha gaita, como se sinte?
É unha satisfacción persoal. Sobre todo cando a entregas e ves como a collen, a proban, esa emoción… é indescriptible. E os que comezan a tocar, a primeira gaita que ten gardaa con tanto agarimo como se fose un tesouro.
As súas creacións quedan en Galicia?
Gústame coñecer a xente que fai os encargos, botar unha parrafada con eles e coñecelos. Dalgunha maneira me axuda a darlle forma a gaita de xeito máis persoal porque me transmite. Tamén as entregas me gusta facelas persoalmente. Con todo, si que teño encargos de fóra. Aínda agora vou mandar un para EE.UU.
Que nos pode decir da súa faceta como músico?
Son artesán e son músico. Entón poida que teña outra visión. Eu collo a gaita, e aínda que esté de carallada cos colegas, sinto un gran respeto polo instrumento e pola nosa música. Lembro os gaiteiros de antes que foros capaces de aguantar e seguir tocando sen saber nada da música máis académica, e iso é digno de admirar e respetar. Tocaban de oído e inventaban melodías. E eles tiñan un nome propio no lugar onde vivían. Ser gaiteiro é a ostia!
A vísperas do Día de Galicia, subliñar un día máis que a nosa música, e en especial a gaita, forma parte intrínseca da nosa cultura.
Totalmente. Con todo o respeto as pandereteiras, penso que a gaita é o instrumento máis representativo que temos en Galicia. E é para todos. A música chega a todo o pobo e sempre estivo presente. Calquera músico de fora alucina co patrimonio cultural a nivel musical coa cantidade de composicións que temos, e as que se perderían. Non somos conscientes de todo o que temos. E onde hai música galega, hai alegría.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas