Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Os concellos de Barbadás, San Cibrao e A Merca presentaron onte un proxecto no que levan traballando dende o 2021 que consiste na mellora da depuración e a humanización das marxes do regato dos Muíños, que pasa polos tres concellos. Así, presentarán esta iniciativa, que roza os oito millóns de euros de inversión, á convocatoria dos Fondos de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.
No caso da depuración de auga, que leva o 80% dos fondos neste proxecto, contémplase a “análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede”. No caso de Barbadás, proponse actuar en cinco puntos que afectan a 7.400 veciños; en seis en San Cibrao que afectan a un milleiro de residentes e ata 11 foxas na Merca, que afecta ás augas de algo máis de 2.200 persoas. A intervención máis importante será a creación dun tanque de tormentas, que concentra 3,3 millóns de euros de inversión. A creación desta infraestrutura “resulta necesaria para que lamine as augas durante os períodos de choiva, enviando cara a depuradora de Reza o caudal máximo consignado e minimizar os alivios ao medio en materia de contaminación”.
No caso da humanización deste regato, o proxecto propón a creación dunha senda peonil e ciclista de máis de 12 quilómetros, que terá un orzamento de 1,5 millóns de euros. Ademais da construción do paseo, a iniciativa tamén contempla a roza e limpeza das marxes do río para reducir o risco de desbordamento, a plantación de árbores autóctonas, e a colocación de de paneis informativos, papeleiras, bancos ou fontes por todo o itinerario. Concretamente, dos 12 quilómetros deste paseo, seis estarán en San Cibrao, catro en Barbadás e dous na Merca.
Na presentación deste proxecto participaron Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, Manuel Pedro Fernández, o seu homólogo en San Cibrao, e José Manuel Garrido, rexedor da Merca; presentados pola tenente de alcalde de Barbadás, Victoria Morenza. Esta última subliñou que o obxectivo final deste proxecto é “impulsar un novo modelo de desenvolvemento que mellore a calidade de vida da veciñanza e a resiliencia fronte o cambio climático”. Pola súa banda, Valcárcel explicou que esta estratexia conxunta “entre tres concellos de diferentes cores políticas”, servirá como base “para o desenvolvemento de intervencións futuras que contribuirán á mellora do ecosistema fluvial e a súa integración coas contornas urbanas dos tres concellos”.
O primeiro edil de San Cibrao destacou a importancia do proxecto porque “permite mellorar as augas do río polo que transcorre”. En consecuencia, mellorará o estado do río no que desemboca, o Barbaña, que pasa por San Cibrao e polo que o concello recibe multas por vertidos cada ano. Por último, definiu a estratexia en conxunto de “ambiciosa e boa para a veciñanza e a calidade das augas”.
Para rematar, Garrido asegurou que se trata “de coidar o que temos” e engadiu que “é unha actuación en favor da natureza e da veciñanza”. Ademais, Garrido incidiu en que lle causa “unha grande ilusión este proxecto” nado da “colaboración cos outros dos concellos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas