O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O Partido Popular de Vilar de Barrio vén de propoñer a constitución dunha xestora que terá como obxectivo impulsar a formación cara ás próximas eleccións municipais de maio de 2027
O Partido Popular de Vilar de Barrio vén de propoñer a constitución dunha xestora que terá como obxectivo impulsar a formación cara ás próximas eleccións municipais de maio de 2027, proposta que deberá ser agora ratificada na próxima convocatoria da Xunta Directiva provincial.
O líder dos populares ourensáns, Luis Menor, recibiu na sede provincial do partido a unha delegación de militantes do PP local que, con Erondina Salgado Vázquez á fronte, integrarán inicialmente esta xestora, da que tamén forman parte os tres concelleiros do PP na Corporación municipal.
Agradecido pola disposición e compromiso dos militantes e concelleiros “para dar este importante paso”, Luis Menor animou aos membros da futura xestora a traballar con toda intensidade para “deseñar o mellor proxecto e equipo para Vilar de Santos e ofrecer á veciñanza unha alternativa na que confiar”. Un proxecto “amplo e plural”, destacou o presidente provincial, que “recolla todo o sentir do municipio”.
Pola súa banda, Erondina Salgado, que foi concelleira no mandato do 2015-2019, explicou que o principal obxectivo da xestora vai ser traballar para crear o mellor equipo de persoas “que compita seriamente por alcanzar a alcaldía” nas municipais de 2027.
A representatividade será unha característica esencial da xestora, dixo Erondina Salgado, pois estará integrada por persoas que “coñezan ben o concello, todos os pobos e a veciñanza”, co fin de saber de primeira man cales son as súas inquedanzas e necesidades, e propoñer ás persoas que poidan formar parte da candidatura popular en Vilar de Barrio. “Estamos ante un gran reto e imos poñer todo o noso traballo por diante para conseguilo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Entre pillos anda el juego
INICIO DE CURSO
Otra oportunidad perdida para el Ontime (3-3)