Artesanía e produto local cítanse en Vilar de Santos
50 POSTOS
Detalles del evento
O espazo cultural A Arca da Noe organiza o vindeiro domingo unha nova edición do seu mercado de artesanía e produto local en Vilar de Santos. A cita desenvolverase na rúa do Forno e nas vías circundantes, onde se instalarán preto de 50 postos dedicados á venda de artigos de elaboración propia e produtos de proximidade.
A xornada comercial, que abrirá as súas portas ás 12.00 horas, complementarase cunha ampla programación cultural que se prolongará ata a tardiña.
Programa de actividades
- 12.00 horas: apertura do mercado de artesanía e produto local, con preto de 50 postos.
- 12.30 horas: proxección do documental "Regueifando con pracer", dirixido por Cora Peña e producido por Trespés Filmes, seguida dun coloquio coas súas autoras. A peza combina a tradición oral da regueifa galega coa educación afectivo-sexual desde unha perspectiva feminista e comunitaria. Gravado integramente na comarca do Deza, o documental aborda cuestións como o corpo, os sentimentos, o pracer e o coidado mutuo. A obra recibiu o premio do xurado e o premio do público na categoría de curtametraxes galegas do Festival de Cine de Roca.
- 13.30 horas: actuación musical en directo de Balteira.
- 16.00 horas: presentación do libro "Fran Pérez Narf. Canto Sentido", nun acto que contará coa participación de Ramom Pinheiro e Xelis de Toro.
- 17.00 horas: concerto de Alpargata Duo.
- 19.00 horas: peche da xornada co espectáculo poético e musical de Feitas ao Sisel.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MUSEO DA LIMIA
O chuvasqueiro da Limia
ARREDOR DE OTERO PEDRAYO
Paco López-Barxas reivindica a vixencia de Otero Pedrayo cunha nova obra
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Sin respuesta del Ayuntamiento
PRIMERA DIVISIÓN FEMENINA
Rafinha, del Estrela: “Merecíamos este premio”
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La misma melodía de la policía
TERCERA FEDERACIÓN
Óscar Martín, capitán del Barco: “El inicio es muy bueno”