MEJORAS EN LAS CALLES
Xinzo de Limia asfalta cinco calles en el centro de la villa
GRAN PARTICIPACIÓN
Dende o grupo de goberno de Xinzo salientan que esta edición foi un “éxito absoluto” de participación, grazas ao “gran número” de imaxes que recibiron e que acadaban o obxectivo de capturar distintos aspectos da esencia, tradición e emoción da que presume a festa máis senlleira da vila limiá.
De entre tódalas seleccionadas, o primeiro premio foi para a fotografía “Admiración”, obra de Mónica Campelo. Na súa instantánea pódese ver a unha pequena Pantalla ollar con devoción a unha Pantalla adulta e coa careta. A imaxe reflicte a fascinación do cativo ante a presenza daquilo ao que aspira, amosando o relevo xeracional da tradición da figura máis emblemática do Entroido local.
O resto de finalistas foron “Tempo de espera”, de Jesús María Abad, que acadou o segundo premio, e “A danza do ciclo”, de Gabriel Flambó, natural da veciña Montalegra, que se fixo co terceiro posto. A maiores, concedéronse tres recoñecementos por parte da asociación cultural A Pantalla e dous dixitais comarcais: “Arriba o Meco”, de Bruno Simón; “O presente arrounpando ao futuro”, de Ledicia Prieto, e “O sentimento que nunca se perde”, de Iván Pena.
A Concellería de Cultura seleccionou as 15 mellores imaxes do certame, co fin de protagonizar unha exposición. Esta mostra permitirá á veciñanza e aos visitantes revivir o Entroido coas súas “miradas únicas”. Dende o Concello agradecen a todos a súa participación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEJORAS EN LAS CALLES
Xinzo de Limia asfalta cinco calles en el centro de la villa
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
Lo último