Comezan as obras de mellora da rúa Río Arnoia en Xinzo
Atenderán a renovación do firme, a nova pintura da vía, a nova sinalización horizontal e o axuste dos sumidoiros
Xinzo segue adiante co seu plan de reorganización da mobilidade, neste caso ca primeira fase de melloras da rúa Río Arnoia, que deu comezo onte, e que durante os vindeiros días acometerá unha actuación integral no tramo entre as rúas Río Sil e Río Miño, as principais vías do barrio do “Polígono”. O acceso en vehículo por este tramo está restrinxido.
Estas obras atenderán á renovación do firme, ó que se suman a nova pintura da vía, xunto a nova sinalización horizontal e o axuste das tapas dos sumidoiros.
A estas obras súmanse as relacionadas ca creación do novo aparcadoiro, que ademais de estar situado entre as rúas Río Arnoia, Río Sil e Río Arenteiro, terá acceso entre estas dúas últimas, ofrecendo máis de 90 prazas para coches.
Estas dúas accións realizaranse en paralelo, e teñen como obxectivo aliviar o tráfico e dinamizar o comercio local facendo máis doado o acceso á este barrio, no que se atopan moitos establecementos e órganos administrativos e xudiciais, ademais do centro de saúde, ofrecéndolle así máis comodidade ós residentes e ós visitantes.
A renovación da rúa Río Arnoia conta cun orzamento de preto de 60.000 euros, achegado dende a Deputación de Ourense. O custe do novo aparcadoiro ascende a 48.000 euros, financiado con fondos propios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
CUATRO SIN GANAR
El Antela no puede ante un filial del Pontevedra más efectivo (1-0)
La Región
Dejemos huellas bonitas
La Región
Un día más
EFECTO DE LA INFLACIÓN
El IPC supera la subida de sueldo del 60% de asalariados