COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre
ENTREVISTA
Cristina Jurjo Santana (Barcelona, 1969) garda un gran vínculo coa Limia. Malia nacer na capital catalá, de moi pequena trasladouse coa súa familia a Santa Ana (Sandiás), onde transcorreu a súa infancia e a primeira mocidade despois tamén en Xinzo. Aos 16 anos regresou a Barcelona para completar os seus estudos e desenvolver unha traxectoria profesional como secretaria e administrativa. Hoxe, afectada por unha discapacidade visual severa, atopa en Xinzo o seu refuxio de paz, seguridade e reencontro coas amizades.
Pregunta. Que lembra da vida na Limia e cando marchou a Barcelona?
Respuesta. Crieime entre Santa Ana e Xinzo; de feito, miña nai tiña un bar no barrio de abaixo. Aquí pasei a miña infancia xogando no adro e na rúa cos amigos de toda a vida. Aos 16 anos, cando cursaba terceiro de BUP, tocoume volver a Barcelona coa familia, pero os recordos daqueles anos na Limia quedaron gravados para sempre. En Barcelona estudiei Administrativo e traballei toda a miña vida de secretaria en diferentes sectores, desde empresas de inxeñería, ata axencias de márketing e comunicación. Aínda que fixen alí a miña vida, nunca perdín a conexión con Galicia: tódolos veráns e en Nadal procuraba volver para visitar a familia e os amigos. Miña nai, de feito, cando se xubilou decidiu regresar a vivir a Xinzo, o que fixo que o vínculo fose aínda máis estreito.
P. Agora pasa máis tempo aquí na Limia. Que lle ofrece Xinzo?
R. Apórtame moitísima tranquilidade e seguridade. Por mor da miña limitación visual, nunha cidade grande como Barcelona resulta moito máis estresante desprazarse. Aquí teño a autonomía de poder moverme cunha tranquilidade e unha seguridade enormes. A xente é moi aberta, teño os meus recordos de infancia e reencontrome coas amizades de sempre. Sinto que son de aquí e de alí ao mesmo tempo: sinto as raíces galegas, pero tamén me sinto barcelonesa porque pasei alí a maior parte da miña vida.
P. Como está sendo a súa estancia este verán e como ve a vila?
R. Estou desfrutando das amizades e da calidade de vida, da gastronomía, do clima, moito mellor que o mediterráneo no verán. Este ano, por exemplo, podo camiñar moito máis tranquila pola gran travesía remodelada, o cal para min, coa miña limitación visual, é un alivio e un avance enorme en accesibilidade. O ano pasado paseino peor para desprazarme, polas obras da avenida de Ourense, pero este verán podo pasear sen ese problema. Desfrutao do tempo coa xente e da paz que se respira aquí.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre
VISITA AO MUNICIPIO
Xinzo presume de xestión ante unha delegación latinoamericana
Lo último