MEJORAS EN LAS CALLES
Xinzo de Limia asfalta cinco calles en el centro de la villa
ACTIVIDAD FÍSICA
O ciclo de actividades de +Deporte rematou onte a súa andaina estival coa súa derradeira sesión, na vila de Xinzo de Limia, unha das máis multitudinarias, na que os participantes non deixaron escapar a oportunidade. Os limiaos están acostumados a mover o corpo ó ritmo do Entroido e notóuselles durante a clase de zumba que tivo lugar nas pistas das piscinas municipais. Nestas actividades fanse exercicios adaptados a tódolos públicos e idades, para que dende os máis novos ata os máis maiores poidan participar e gozar do deporte en conxunto.
Como detalle, agasallouse ós participantes cunha camiseta como recordo da actividade, un agasallo que recibiron en tódalas vilas que acolleron estas sesións.
As últimas tardes deste mes de agosto están sendo máis frescas logo da calor das últimas xornadas, deixando un ambiente perfecto para practicar deporte nun espazo aberto e ó aire libre.
Esta iniciativa busca achegar o deporte e un estilo de vida activo e máis saudable a tódolos recunchos da provincia, ofrecendo sesións de ioga e zumba os martes e xoves dende principios de xullo. Foron case vinte sesións nas que centos de veciños e visitantes gozaron das clases de Yuri Gómez, Estela Castro e Marta Rodríguez.
Estas sesións comezaron no Carballiño o pasado 2 de xullo cunha sesión de zumba, e Baños de Molgas estrenuo as clases de ioga o pasado 8 de xullo. Logo de case dous meses, o ciclo despídese ata o vindeiro ano. Entre risas e suor, moitos descubriron un novo pasatempo e emprenderon o camiño a unha vida máis saudable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MEJORAS EN LAS CALLES
Xinzo de Limia asfalta cinco calles en el centro de la villa
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
Lo último
IA SIN CONTROL
Del “Círculo vicioso” de Asimov al ataque autónomo de OpenAI
Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda