COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre
CEIP ROSALÍA DE CASTRO
A Biblioteca Pública Antelana acolleu este xoves unha actividade de animación á lectura na que participaron arredor de cincuenta alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. A proposta consistiu nun contacontos inspirado na obra “O bosque animado”, de Wenceslao Fernández Flórez, que estivo dirixido e escenificado por Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez, voluntarios da biblioteca.
A sesión desenvolveuse nun ambiente participativo e cheo de entusiasmo, no que o alumnado puido achegarse á literatura galega a través da narración oral e da interpretación escénica. “A actividade fomentou a imaxinación, o interese pola lectura e a interacción dos máis pequenos coa cultura e os libros”, explican dende a organización.
Os responsables da actividade destacaron a excelente acollida que adoitan recibir as iniciativas culturais e educativas impulsadas polos diferentes voluntarios da Biblioteca Pública Antelana, “especialmente entre o os máis pequechos da vila”.
Con esta actividade, e coa presentación onte venres do libro “Queda moito por sachar”, de Xosé Manuel del Caño -acto no que tamén participou o arqueólogo ourensán José María Eguileta-, péchase o ciclo de propostas organizadas pola Concellería de Cultura de Xinzo de Limia para conmemorar as Letras Galegas 2026.
Desde a Concellería de Cultura, Lingua e Xuventude quixeron agradecer a implicación da bibliotecaria, do equipo de voluntariado da biblioteca, así como a colaboración do profesorado e do alumnado do CEIP Rosalía de Castro, destacando o labor conxunto para manter viva a cultura galega e fomentar o amor pola lectura.
Outras vilas continúan tamén durante esta fin de semana coas actividades para conmemorar as Letras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMERCIO LOCAL
La Plaza de Abastos de Xinzo, lista en noviembre
VISITA AO MUNICIPIO
Xinzo presume de xestión ante unha delegación latinoamericana
Lo último
DEDICACIÓN AL 50%
La alcaldesa de Viana do Bolo tendrá un sueldo de 20.000 euros
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Costumbres nacionales