A Xunta celebra as xornadas do grelo galego en Xinzo
Innovación e tradición
As xornadas formativas dividiranse en sesións teóricas os venres pola tarde e prácticas os sábados pola mañá
A Consellería do Medio Rural vén de anunciar que organizará catro accións formativas sobre o cultivo de grelo en Galicia: “As xornadas Grelo galego, un cultivo con futuro”. Estas sesións serán impartidas por expertos en enxeñería agrónoma e veterinaria, afondando na tradición, a innovación e o territorio.
As xornadas formativas, que comezarán este fin de semana no Mercado Agrario Comarcal Mesón do Vento de Ordes, na Coruña, chegarán a Xinzo os días 21 e 22 de novembro.
Durante as sesións, farase unha introdución á Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia, prestando especial atención nos requisitos de certificación e as vantaxes que supón adherirse á marca. Impartiranse tamén técnicas modernas de produción de grelo, así como nocións básicas de manexo integrado para poder identificar pragas e enfermidades que afectan á planta.
No eido do procesado, a calidade e a comercialización, a acción formativa afonda nos criterios de conservación e lavado dos grelos. Por último, impartirase unha sesión sobre a recolección mecanizada deste vexetal.
As accións formativas están divididas en dúas sesións: as clases dos venres, en horario de tarde, serán teóricas; mentres que as dos sábados, en horario de mañá, consistirán nunha demostración práctica de campo.
As persoas interesadas en inscribirse nesta acción poderán facelo no enderezo direccion.agacal@xunta.gal ou no número de teléfono 881 996 280.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último