xornalescolar_1901_lixoteca_001
xornalescolar_1901_lixoteca_001

Construímos un proxector

Publicado: 19 ene 2022 - 05:00 Actualizado: 18 ene 2022 - 19:19

xornalescolar_1901_lixoteca_001
1/6 Hoxe imos facer un divertido proxector co que poderás pasar tardes enteiras de diversión. Os materiais que precisas son: unha cartolina escura, unha lanterna, uns plásticos transparentes -podes empregar film de cociña-, cinta adhesiva, tesoiras, grampadora e un rotulador.
O primeiro paso será crear a estructura do proxecto. Para iso, terás que cortar un rectángulo de entre 10 e 15 centímetros de ancho. Pensa que canto máis longo sexa o rectángulo, máis grande será tamén a distancia de foco do proxector. É importante que a cartolina sexa escura para non perder ningunha luz.
2/6 O primeiro paso será crear a estructura do proxecto. Para iso, terás que cortar un rectángulo de entre 10 e 15 centímetros de ancho. Pensa que canto máis longo sexa o rectángulo, máis grande será tamén a distancia de foco do proxector. É importante que a cartolina sexa escura para non perder ningunha luz.
Cando o teñas, fai un tubo e grampa un dos lados. Esta será a parte máis ancha do proxector, polo que antes de grampar o outro lado, enrosca ata que che quede unha especie de cono. Na parte máis estreita é suficiente con deixar un burato no que entre a lanterna. Cando o teñas, grampa tamén este lado.
3/6 Cando o teñas, fai un tubo e grampa un dos lados. Esta será a parte máis ancha do proxector, polo que antes de grampar o outro lado, enrosca ata que che quede unha especie de cono. Na parte máis estreita é suficiente con deixar un burato no que entre a lanterna. Cando o teñas, grampa tamén este lado.
Colle agora os plásticos e, sobre eles, marca un círculo coa parte máis ancha do tubo de cartolina. Isto marcarache a área na que poderás debuxar para proxectar sobre unha parede. Para recortar, terás que deixar unha boa marxe para poder pegalo contra a cartolina sen problema.
4/6 Colle agora os plásticos e, sobre eles, marca un círculo coa parte máis ancha do tubo de cartolina. Isto marcarache a área na que poderás debuxar para proxectar sobre unha parede. Para recortar, terás que deixar unha boa marxe para poder pegalo contra a cartolina sen problema.
Cando teñas o círculo co debuxo que máis che gusta, xa só terás que fixalo contra a cartolina. Fai uns pequenos cortes na marxe que deixaches para que sexa máis fácil darlle ó plástico a forma cilíndrica. Se o tes ben fixado, xa podes poñerlle cinta adhesiva ou unha goma para poder cambiar de proxección con facilidade.
5/6 Cando teñas o círculo co debuxo que máis che gusta, xa só terás que fixalo contra a cartolina. Fai uns pequenos cortes na marxe que deixaches para que sexa máis fácil darlle ó plástico a forma cilíndrica. Se o tes ben fixado, xa podes poñerlle cinta adhesiva ou unha goma para poder cambiar de proxección con facilidade.
Xa case está listo o noso proxector caseiro. Agora só quedará que metas a lanterna polo burato máis estreito e a acendas. Xa verás cómo se ilumina o teu debuxo. Apaga a luz e crea as túas historias animadas sobre unha parede lisa. Podes proxectar todo o que se che ocorra. Xa sabes… Mans á obra!
6/6 Xa case está listo o noso proxector caseiro. Agora só quedará que metas a lanterna polo burato máis estreito e a acendas. Xa verás cómo se ilumina o teu debuxo. Apaga a luz e crea as túas historias animadas sobre unha parede lisa. Podes proxectar todo o que se che ocorra. Xa sabes… Mans á obra!

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats