Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Xornal Escolar
Ao redor de 400 estudantes procedentes de nove centros educativos de Educación Infantil e Primaria participaron con grande entusiasmo na xornada final do seminario intercentros "Convivimos no Ribeiro", unha iniciativa pedagóxica artellada ao longo de todo o curso escolar no marco do Plan de Formación Permanente do Profesorado, coa coordinación do Centro de Formación e Recursos de Ourense. As comunidades educativas que sumaron esforzos, recursos e ilusión neste proxecto colectivo foron os colexios Otero Novas, Pena Corneira, Emilia Pardo Bazán, CRA Amencer, Plurilingüe de Ribadavia, Carmen García Carrasco, Avión, Quins e Castrelo de Miño.
A actividade supuxo o broche de ouro a un proxecto deseñado arredor de eixes fundamentais como a convivencia, a cooperación, a empatía e o crecemento persoal do alumnado. Deste xeito, a xornada de clausura transformouse nunha intensa experiencia vivencial chea de emocións, retos cooperativos e dinámicas baseadas no xogo para fomentar a autonomía e o intercambio de aprendizaxes.
Por outra banda, as diferentes propostas lúdicas e didácticas que se desenvolveron ao longo do día non só serviron para tecer lazos entre os escolares, senón que tamén se deseñaron co propósito de poñer en valor a enorme riqueza histórica, artística, paisaxística e cultural da contorna do Ribeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEIS MESES EN EL CHUO
Dos residentes de Mozambique se incorporan al área sanitaria de Ourense
Manuel Orío
RECORTES
Responsabilidad compartida
"XERENCIAS EN REDE"
Las asociaciones empresariales de Ourense ahorran seis horas al mes con la IA
ACUERDOS DEL CONSEJO DE GOBIERNO
El Principado reconoce la asturianía del Centro Asturiano de Rosario y amplía a 40 la red oficial de entidades