XORNAL ESCOLAR
Preguntas frecuentes sobre la fiebre infantil
XORNAL ESCOLAR
Nenos e nenas, do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez, xunto a maiores, un total de oito do centro Fogar de San Amaro, aos que se sumaron voluntarios e profesores, compartiron unha ruta de outono pola contorna, arredor do bosque de Falán. Unir pasado e presente, realidade e misterio foron algunhas das curiosidades deste encontro ao que se sumou o último prior do Mosteiro de Santa Comba de Naves. Iniciaron o percorrido no pobo de Naves, onde os agardaba Camilo, un veciño de Palmés que se ofreceu de guía ao longo de toda a xornada. Comezaron a ruta desde a baixada deste pobo ata o Mosteiro, camiño ao longo do que aproveitaron para recoller lixo.
No medio do camiño estaba o historiador Suso Martínez, que foi o encargado de darlle vida ao último prior do Mosteiro, Antonio de Neira, quen os guiou na viaxe cara o pasado. Apareceu entre a néboa, cavilando no moito que cambiaron as cousas dende que non está. Foi nese intre cando se espertou a curiosidade entre todos os presentes e se dispuxeron a escoitalo. De Neira ensinoulle que detrás das pedras sempre houbo e haberá unha historia e achegounos á deste Mosteiro. Nenos e maiores camiñaron detrás del descubrindo os restos dunha antiga obra beneditina, de orixe milenaria, situada na antiga Terra de Búbal, na parroquia de San Mamede de Palmés, antigo Concello de Canedo. Durante a visita déronse conta das magníficas proporcións do edificio e de cal puido ser a importancia desta casa prioral, que conserva matices defensivos.
Logo visitaron os restos da capela, que curiosamente, se atopaba separada do mosteiro, e posiblemente fora edificada no ano 1767. Rematada a visita teatralizada con Suso Martínez, colleron o camiño que vai ata a Conchada, a través do bosque do Falán, dispostos a descubrir as “marcas do camiño” que fixeron Pilar e César, os dous veciños que aínda viven neste pobo. Mentres Suso camiñaba cara o pasado, e o ían perdendo de vista entre o bosque e as ruínas do priorado. As marcas que atoparon son as que lles permiten aos camiñantes non perderse no bosque, pero tamén son marcas referidas ás vidas de César e de Pilar, e a súa historia dende que, como a eles lles gusta dicir, ían mocear nesta contorna.
Neste percorrido foron falando da historia dos druídas, que estiveramos aprendendo nas aulas, e da orixe do Samaín.
Lembráronlles aos nenos que á volta á escola o equipo de Biblioteca ía convocar o concurso de contos de medo , e que terían que ambientar aquí os seus textos, no mosteiro, no bosque do Falán ou no pobo da Conchada. E que os protagonistas dos mesmos poderían ser os avoíños do Centro Fogar de San Amaro, o prior, os druídas, os compañeiros e compañeiras voluntarios, os profesores, os veciños da Conchada e eles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
La tortilla de patatas no era tan popular
DECLARACIONES PREVIAS
Moncho López, entrenador del COB: “No hablamos de final, pero sé lo que nos jugamos”
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
China, en el nuevo mapa del poder global
ENTREVISTA DEL VIDA
Antonio Cortés e a pesca como paixón