Homenaxe a Elías Valiña na Casa da Cultura de Xunqueira de Ambía
CAMIÑO DE SANTIAGO
A cita dará comezo ás 18,00 horas coa visualización da peza, e posteriormente, os asistentes poderán desfrutar dunha visita guiada á exposición
A Casa da Cultura do concello de Xunqueira de Ambía acollerá este venres, 26 de decembro, a estrea do documental “Elías Valiña o inventor das frechas amarelas”, que atenderá a figura do crego do Cebreiro (Lugo) que creou este símbolo identitario do Camiño de Santiago, sendo un dos protagonistas da súa recuperación.
A cita dará comezo ás 18,00 horas coa visualización da peza, e posteriormente, os asistentes poderán desfrutar dunha visita guiada á exposición que vén de recorrer o territorio nacional e o estranxeiro para achegarse por primeira vez á Vía da Prata.
Valedor do Camiño
Elías Valiña (1929-1989) foi un dos principais promotores e valedores do Camiño de Santiago, sendo unha figura descoñecida para moitos dos que hoxe dán por sentado a importancia e valor deste elemento que define a Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPULSO AL CAMINO DE SANTIAGO
Xunqueira de Ambía impulsa un albergue para peregrinos
FUNDACIÓN BIETO LEDO
O Carballo de Padroso recorda ao “profesor” Alonso Montero
Prevención de inundacións
A Hidrográfica limpa o cauce do río Pozo Grande en Ambía
Lo último
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Muere el conductor de un camión tras volcar el vehículo en Lugo