CALDEIRAS BALEIRAS
Espadanedo ponlle rostro ás vítimas do machismo
CALDEIRAS BALEIRAS
O Concello de Xunqueira de Espadanedo conmemora hoxe o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun proxecto de mediación comunitaria que se estreará esta tarde, ás 18,00 horas, no claustro do Consistorio. Baixo o lema “Non morreron, matáronas”, a instalación artística foi realizada polas participantes dos obradoiros de concienciación que impulsa o propio Concello co apoio da asociación Terruño Cultural Resiliente.
Beatriz Rey, representante da asociación, explica que participaron arredor dunhas corenta mulleres do municipio, quen desenvolveron un traballo previo de investigación para documentar e poñerlle rostro tanto ás vítimas da violencia de xénero coma aos seus achegados e aos casos de violencia vicaria. “A idea é humanizar ás vítimas e visibilizar as consecuencias familiares e sociais”, sinala Rey, subliñando a importancia de fomentar a empatía e a memoria colectiva fronte á frialdade das cifras estatísticas.
O froito deste labor de reflexión veciñal refírese nunha instalación composta por cadeiras baleiras que simbolizan o espazo das ausentes, acompañadas de zapatos vermellos que representan os camiños interrompidos. Todo o conxunto aparece enlazado por un fío vermello como emblema da unión entre as historias das mulleres asasinadas e as propias veciñas, xa que cada participante asumiu o reto de documentar e representar simbolicamente a unha das vítimas.
Un dos instantes de maior impacto emocional durante o proceso produciuse no momento en que as asistentes viron todos os zapatos xuntos no espazo expositivo. “Aí si que...”, recoñeceu unha das participantes ao lembrar a impresión de contemplar o conxunto materializado fronte á abstracción dos números, mentres outra compañeira apuntaba con conmoción: “Mira cantas sillas hai aí fóra”.
Entre as voces das participantes, Toña Caramés destaca a utilidade destes obradoiros para xerar unha concienciación directa. “Suceden tan a miúdo que xa case o vemos como algo normal. E así faiche ver esa persoa con ese nome, con esa vida que a fixeron deixar de vivir”, reflexiona. Pola súa banda, Socorro Formoso pon o foco no drama humano que deixan estes crimes, lamentando que é “unha pena moi grande” tanto polas mulleres asasinadas coma polos nenos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Ledicia para todos
fomento de la lectura
El Plan Provincial de Lectura se acerca a los 17.000 usuarios en Ourense
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
29-N: de los trenes de Rubalcaba a los de Puente (Y II)